mércores, 18 de marzo de 2015

3.1415 ou número pí


O día de hoxe, 14 de marzo de 2015 (3/14/15 no formato de data de EUA), amantes das matemáticas celebran "O día de (Pi) " arredor do mundo e nos sumámonos a esas celebracións.
O departamento de matemáticas organizou unhas actividades para axudar a descubrir a ese enigmático número.


video


Por se seguides tendo interese con coñecer máis sobre o número "pi" imos poñer algúns enlaces moi interesantes








video

venres, 13 de marzo de 2015

Actividades arredor do Día Internacional da Muller

OBRADOIROS DE CORRESPONSABILIDADE:

Xa son bastantes os anos nos que, coa idea de concienciar ao noso alumnado de que non existen tarefas domésticas específicas para cada sexo, desenvolvemos uns obradorios nos que o alumnado de ambos sexos fai actividades que tradicionalmente están estereotipadas. Esta é unha pequena mostra

video



CONCURSO DE CARTEIS

Tamén coa colaboración do profe Manuel Rozados, nas clases de plástica, fixemos un concurso de carteis que, como veredes, foi moi concurrido. Entregáronse diplomas aos traballos máis salientables.

video




xoves, 12 de marzo de 2015

Ofrecendo libros de balde

Neste caso o Secretario do Centro fixo expurgo na súa casa e ofrecemos eses libros a toda a comunidade educativa.



luns, 2 de marzo de 2015

Salón do Libro. O home invisible

     Este é o traballo feito polo alumnado do Instituto, baixo a coordinación do departamento de Inglés, para o Salón do Libro infantil e xuvenil

Música: Metallica  (Enter sandman)

O pasado venres 27 de febreiro participamos na presentación do Salón do Libro.