Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May, 2015
Imaxe
Con motivo da semana cultural e científica, o pasado 17 de abril alumnos de primeiro curso da ESO participaron nunha interesante actividade na biblioteca do centro relacionada co mundo animal. A idea xurde do departamento de inglés para reforzar os contidos da unidade didáctica que nese momento estaban a traballar e levala un paso máis alá, facer unha exposición oral sobre varios animais nesta lingua estranxeira.
Previa a exposición oral, un grupo de alumnos de 1º C levaron a cabo unha pequena investigación en parellas ou grupos sobre un animal e prepararon unha presentación cos datos máis relevantes sobre o mesmo. O día da exposición os compañeiros de 1ºB aprenderon algo máis sobre estes animais e despois todos xuntos colaboraron para realizar unha tarefa sobre o que se acaba de expoñer.
Con esta actividade no só se traballaron contidos específicos da materia de inglés senón tamén de ciencias da natureza e ademais aprenderon a buscar e aproveitar a información da rede, colaborar para f…

Actividades arredor dunha maleta matemática viaxeira

Traballo feito polo alumnado sobre a experiencia de traballar coa maleta viaxeira matemática.



Traballo do alumnado sobre as actividades do día de Pi

"25 anos de longametraxe en galego" con Miguel Anxo Fernández

Imaxe
Miguel Anxo Fernández é mestre, licenciado en Xeografía e Historia, na rama Historia da Arte, Xeografía e Historia de Galicia. Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte e da Música, Comunicación e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, da Universidade de Vigo. Ademais de dedicarse á docencia é autor de numerosas obras de historia do cine galego e de obras de ficción, así como ensaios e colaboracións en numerosas publicacións, exercendo de crítico de cine e televisión diariamente en La Voz de Galicia. Colaborador do espazo Diario cultural da Radio Galega. É membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores da Consellería de Educación. Coordinador do programa Audiovisual nas Aulas para o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Consellería de Educación. Director…

Visita á Biblioteca da Facultade de Ciencias Sociais