28 febreiro 2020

RESOLUCIÓN DO CONCURSO "DESEÑA A BOLSA DA BIBLIOTECA"


Lembrades este concurso??




Fixádevos canta xente participou!!!!











Pois... logo de moito deliberar... logo de moito pensar... o equipo da biblioteca chegou á conclusión de que... 


... O GAÑADOR DA BOLSA IMPRESA CON PREMIO SORPRESA FOI...


... AARÓN MARTÍNEZ, de 2º de Bacharelato E!!! 

(Este ano está de sorteee!!!)

A ilustración é a seguinte:




En canto argallemos o sitio ideal para imprimir as bolsas, faremos unha ENTREGA DE PREMIOS en condicións na BIBLIOTECA!! 

Moitas GRAZAS pola vosa participación no concurso!!!

21 febreiro 2020

ENTROIDO MOOOI NATURAL!!!

Este ano algunhas profesoras do noso centro (María Jesús, Rosa, Carlota...) pensaron que a mellor temática para disfrazarse neste Entroido de 2020 sería a da NATUREZA!!

Deste modo, fixádevos como resultou este día 21, véspera das vacacións de Entroido:

O profesor de Educación Física, Alexandre! 

Un gnomo espectacular facendo préstamos na biblio!!!

Toda a rapazada bailando no Salón de Usos Múltiples!!

A nosa vicedirectora, María Jesús, vestida de xirafa!!!


Cebras, osos, ratos...

Un orangután moi moi artístico!!!


Ademais de animaliños, están os defensores da natureza e da contaminación!!!


Moito público con ganas de Entroido!!!

A profesora Rosa, de Matemáticas, invadida de natureza por todo o corpo!!!!

Un unicornio azul, escapado da canción, foi escoltar a conferencia literaria...
Extraños seres regueifando na biblioteca!!!

REGUEIFAS NA BIBLIOTECA!

Hoxe día 21 de febreiro, na véspera das vacacións de Entroido, e gracias ás xestións do profesor Reboredo, do GNL, viñeron visitarnos á nosa biblio Kike Estévez e Bieito Lobariñas para compartir con nós unha sesión de REGUEIFAS.

Kike, que foi profesor de Galego no noso centro o ano pasado, prometeu voltar e... voltou!!! Ademais  veu cun libro debaixo do brazo!!



Mirade que ben o pasamos!!









CICLO DE CONFERENCIAS: 3 DESASTRES MEDIOAMBIENTAIS + 1 POEMA.




Esta semana temos un CICLO DE CONFERENCIAS moi interesante e directamente relacionado co medio: OS DESASTRES MEDIOAMBIENTAIS.

1ª) "From White to Black". Relatora: a profesora lectora de inglés, Bridget Keegan. 
2ª) "L'Erika, histoire d'un naufrage". Relatora: a profesora lectora de francés, Marine Chartier.
3ª) "The Catastrophe Chernobyl". Relatora: unha profesora de ruso e inglés, Luba Fateeva.

A 4ª conferencia non fala de desastres medioambientais, pero si de natureza: da natureza poética  na versificación inglesa ("What rhymes with rhythm?") e dun dos animais máis famosos da poesía inglesa: The Raven (E. A. Poe). O relator é Tomas Costal, o profesor de inglés que estivo hai anos facendo prácticas de máster no noso centro.

  • 1º DÍA: Bridget Keegan.






  • 2° DÍA: Marine Chartier.







  • 3º DÍA: Tomás Costal y Luba Fateeva. 


Tomás Costal lendo "The raven", de E. A. Poe. 
O vídeo que vai a continuación corresponde á lectura do mesmo poema, pero esta é a versión subida ao canal de YouTube "Xunco English":















19 febreiro 2020

COEDUCACIÓN: NOVAS ADQUISICIÓNS NA BIBLIOTECA!

Hoxe puxemos un novo conxunto de libros, esta vez os relativos á COEDUCACIÓN, que engloba diversos aspectos, tal e como se recolle na BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA Nº 8:

-EDUCACIÓN AFECTIVA E SEXUAL.
-VISIBILIZACIÓN DAS MULLERES NA HISTORIA.
-FEMINISMO.
-A NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER.











A) EDUCACIÓN AFECTIVA E SEXUAL:









-VISIBILIZACIÓN DAS MULLERES NA HISTORIA:












-FEMINISMO:








-25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER: