Concursos e Premios




CONVOCATORIA DE PREMIOS BIBLIOTECA 2017-18
       

                   
Bases do concurso:
(1) O lema da presente convocatoria, Cine, debe reflectirse en todos os traballos que se presenten a concurso
(2) Aceptaranse traballos de índole literaria (relato curto, ensaio, obra dramática curta) e tamén de índole artística (mural, póster, pintura, escultura, técnicas mixtas, audiovisual ou combinacións das anteriores).
(3) As obras artísticas deben incluir un título, unha explicación breve das técnicas empregadas e un comentario explicativo redactados na lingua de traballo escollida. O material escrito que presente xunto coa obra artística terá unha extensión mínima de 200 palabras e un máximo de 500. Os autores introducirán dúas copias do documento nun sobre acompañándoas doutra folla de papel na que figure o seudónimo, nome e apelidos, curso escolar e letra, teléfono de contacto e correo electrónico. No exterior do sobre só pode figurar o seudónimo. A obra artística non estará identificada de ningún xeito.uar o seudónimo.bre acompañándoa escolar. orixinais e a autorsero seud
(4) As obras literarias non poderán superar as 1.000 palabras de extensión. Os autores introducirán dúas copias mecanografadas acompañadas doutra folla na que conste o seudónimo, nome e apelidos, curso escolar e letra, teléfono de contacto e correo electrónico. No exterior do sobre aparecerá unicamente o seudónimo.
(5) Como linguas de traballo pódese escoller entre galego, castelán, inglés ou francés.
(6) A profesora Dolores Cruz, ou persoa na que delegue, recollerá os traballos dos participantes na biblioteca do centro.
(7) Todos os traballos presentados deben ser orixinais, e a súa realización deberá ser persoal, autónoma e sen recibir axuda directa do profesorado implicado na materia literaria ou artística, fóra das posibles suxestións ou recomendacións que poda recibir o autor ou autora.
(8) Calquera participante deberá estar matriculado no IES “A Xunqueira” n. º 1 durante o presente curso escolar.
(9) O incumprimento de calquera punto recollido nestas bases será motivo de descualificación.

Premios:
·         Premio á mellor obra literaria: 40 euros para material.
·         Premio á mellor obra artística: 60 euros para material.
·         Os premios poderán declararse desertos. Os gañadores anunciaranse o 22 de abril.

DATA LÍMITE DE ENTREGA: LUNS 16 DE ABRIL DE 2018


Bases e máis información na Biblioteca.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DE LA POESÍA

DÍA DE LAS ESCRITORAS

Visita de Ledicia Costas