ROSALÍA XOGA NA XUNQUEIRA I!

  • Coma todos os anos, temos un recunchiño para lembrar a ROSALÍA DE CASTRO na nosa biblioteca:





  • Pero este ano, ademais, damos conta da seguinte actividade: 

Alumnado de 2º de ESO, da man da profesora de Galego, Raquel Martiz, confeccionou unha volta do popular pasapalabra, co adaxo do 184 aniversario de Rosalía de Castro, que se conmemora este 24 de febreiro

Para festexar a efeméride, que mellor que afondar un chisco na biografía da autora de Cantares Gallegos e Follas Novas xogando!




As catro clases de segundo apostamos por unha actividade lúdica e creamos unha rosca do pasapalabra, que permite enredar mentres adquirimos pequenos saberes sobre detalles da vida e obra da nosa meirande escritora. 

A este pracer de xogar, sumámoslle o de poder compartilo con todo o mundo na inmensidade da rede e velaquí o está: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/8259346-a_roda_rosaliana.html

O sitio web da Fundación da poeta, https://rosalia.gal/, supuxo a principal ferramenta de traballo que usamos para extraer a información coa que elaboramos as vinte e tres preguntas para cadansúa letra do noso alfabeto. Agardamos que vos preste!

Con esta nosa proposta, respondemos, modestamente, ao chamamento que cada ano fan, tanto a devandita Fundación Rosalía de Castro, como a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para conmemorar o Día de Rosalía de Castro.

Cantarte hei, Galicia,

na lengua gallega,

consolo dos males,

alivio das penas.


Cantares gallegos, 1863


Máis información sobre o Día de Rosalía picando nos seguintes enlaces:



#rdc_2021 #TeusDocesCantares

Na bibloxun estamos encantados/as 
con esta marabillosa actividade de Galego!!! 
Que sexan moitas máis!!!

Comentarios