01 xullo 2017

A miña experiencia có teatro



     É ben sabido por todos que nas clases de literatura un dos xéneros preferidos era o teatro. Todo o mundo sentía certo alivio ao ter unha obra teatral como lectura obrigatoria. Aínda que Shakespeare, Buero Vallejo, Cunqueiro ou Castelao eran nomes que enchían a boca ao pronuncialos, eran moitos os atrevidos que os subestimaban,  empregando como argumento principal que as pezas teatrais eran máis fáciles e levadías á hora de ler. Pero ninguén se atrevía a reflexionar sobre a ardua tarefa que supón levar a cabo unha representación. 
     Este ano tiven a oportunidade de exercer como profesora de prácticas no centro e unha das miñas tarefas consistía en organizar unha representación de Orgullo e Prexuízo co grupo de 3º B. Tras dita representación, todos os involucrados chegamos á mesma conclusión: representar unha das obras máis importantes da literatura universal implica ganas e moito traballo grupal.
      O teatro é unha pequena comunidade, un club privado no que cada membro é imprescindible, debe coordinarse co resto do equipo e desempeña un rol específico: técnico do son, apuntador, creadora de programas de man, escenógrafa ou actriz secundaria, entre outros. Pois, que sería de Romeo se o balcón de Xulieta non estivese colocado correctamente? Que pasaría no baile de Bingley se a música non se correspondera coa época? E se Hamlet entrase en escena ataviado cunha gorra?
Finalmente, un dos aspectos positivos deste traballo foi lograr desmontar moitos dos mitos vinculados a este xénero, pois nin o teatro é tan fácil como semella, nin aprendizaxe e diversión son conceptos opostos. Considero que a miña experiencia no centro foi inmellorable e gustaríame invitar tanto ao grupo de docentes como ao propio alumnado a realizar actividades coma esta no futuro. 

Beatriz Couto Fontenla

28 xuño 2017

Arte na Biblioteca

Seguindo no plan de incorporar pequenas píldoras de arte na nosa Biblioteca e as súas dependencias, terminaron nestes días de facer un mural nas portas de acceso á Despensa do Saber.
Agradecer a labor dos seus autores/as:
Santiago Rosales
Susana Díaz
Oscar Cortegoso






23 xuño 2017

Obradoiro de Pepe Solla para o alumnado de 4º da ESO

Dentro do programa "Edumotiva" da Consellería de Educación e poñendo o broche ás actividades da temática da "Gastronomía", tema da Biblioteca para o curso 2016/17,  tivemos no Centro  a 

PEPE SOLLA

Cociñeiro e catador vitivinícola

Estudou Ciencias Empresariais como estudos regrados e Cociña como estudos non regrados. Ampliou a súa formación con cursos monográficos, entre eles os realizados con Ferrán Adriá. Exerce como xefe de cociña do seu restaurante, “Casa Solla”, de tradición familiar. Iniciou a súa traxectoria profesional no ámbito da restauración traballando nel. A carón desta empresa que lidera na súa vila natal en Poio, comparte proxectos empresariais máis alá da nosa comunidade, no ano 2015 crea e abre o primeiro concepto parello a “Casa Solla”, “Atlántico” na madrileña rúa de Velázquez, que amplía despois cun segundo local en Menéndez Pelayo e o recentemente inaugurado en Valencia “Porta de la Mar”.
Impartiu cursos e obradoiros de cociña, participou activamente en distintos certames gastronómicos de ámbito nacional e internacional e presenta en Canal Cocina o espazo “Pescados y Mariscos”.
É membro fundador do grupo NOVE (cociña galega de vangarda) e da Asociación Gallega de Sumilleres. A súa traxectoria profesional foi recoñecida entre outros galardóns con 1 estrela Michelín (desde 1980) e con 3 Soles Repsol para “Casa Solla”.


O obradoiro que nos deu  foi sobre:

Cociña e Ciencia

Como pode axudarnos a ciencia a mellorar o noso oficio?
Debemos excutar as receitas ou entendelas?
Pódeme axudar a ciencia a ser millor cociñeiro?
Os segredos do ovo…, a esencia da cociña.


11 maio 2017

Visita de Ledicia Costas

Hoxe foi un día grande no noso Instituto. Contamos coa visita do alumnado dos Centros de Primaria adscritos  e como queira que estivemos a traballar sobre o libro  "Escarlatina, a cociñeira defunta" nos Clubs de Lectura de todos os centros tamén nos visitou a súa autora Ledicia Costas coa que estivemos charlando un bo rato.






e tamén lle fixemos unha entrevista na nosa radio