Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO para o curso 2026-27: "BIBLIOTECA LÍQUIDA: A AUGA COMO TEMA VERTEBRADOR DE ACTIVIDADES".
19 outubro 2026
DÍA DAS ESCRITORAS: VISITA DE CYNTHIA MENÉNDEZ (19 de outubro)
25 novembro 2025
Videoconferencia: "QUE É E POR QUE É TAN IMPORTANTE O PROXECTO XENOMA GALICIA E QUE BENEFICIOS VAI TRAER?"
Hoxe 25 de novembro temos unha visita virtual de D. ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ, Licenciado en Medicina pola Univesidade de Santiago de Compostela (1978) e Doutor en Medicina pola mesma USC (1982), ambos con premio extraordinario.
Catedrático de Medicina Legal desde 1989 e Director do Instituto de Medicina Legal da USC (desde 1994 ata 2012). Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (desde 1999), Director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII (desde 2002). Xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). O grupo de Medicina Xenómica que coordina consta de 10 grupos de investigación, varias plataformas tecnolóxicas e arredor de 100 persoas.
Ten publicado 12 libros e máis de 600 artigos en revistas internacionais (SCI) incluíndo artigos en Nature, Science, Nature Genetics, ademais de nas principais revistas de xenética médica, cancro e medicina forense.
O alumnado da Modalidade de Ciencias acode a esta conferencia organizada polo departamento de Bioloxía e que se leva a cabo desde a Biblioteca...
13 marzo 2025
Hoxe plantamos unha árbore no patio do noso centro!
Hoxe tivemos charla na biblioteca. Asistiron alumnos e alumnas de grupos de ciencias tanto de 4º de ESO como de 1º de Bacharelato. O relator foi Claudio Quintillán, que nos veu falar das ÁRBORES DE GALICIA.
A continuación, saímos ao patio e plantamos una árbore, concretamente un "pradairo", adecuado á terra húmida que temos no noso centro, que foi unha xunqueira no seu tempo.
Tamén bautizamos á árbore, e puxémoslle de nome CHAN, por que? Porque foi o alumno de 1º de Bacharelato, Chan, quen cavou a terra para logo plantar esta árbore. Podédelo ver nas fotos abaixo.
E non rematou aí a cousa: un rapaz e unha rapaza leron un poema en galego de María Reimóndez, que tiña como motivo poético a árbore, e un fragmento do novo libro, recén mercado na biblioteca, de El hombre que plantaba árbores, de Jean Giono. Podedes ver os vídeos na páxina de Instagram!!
Foi un acto moi emotivo, que rematamos todos dándonos as mans e facendo un corro arredor da árbore. Encantounos, igual que o día tan bonito que nos saíu.
16 maio 2024
CLUB DE LECTURA FEMINISTA: Charla con Lola Varela.
Lola Varela, autora do libro Feminismo de proximidade, e antiga directora do centro, achegouse este xoves á biblioteca para falar de feminismos ao grupo de lectores do Club de Lectura feminista deste curso.
https://libreriaabrente.es/collections/vendors?q=Lola%20Varela
A biblioteca ten o seu libro entre os andeis de temática feminista e estamos encantados de favorecer a xuntanza e a charla interxeracional sobre temas tan de actualidade coma este.
22 novembro 2023
DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Este ano a biblioteca do IES A Xunqueira I ten un lema para conmemorar este DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, que é
ROMPE O SILENCIO.
Con tal motivo unha serie de actividades buscan alzar a voz para incidir no feito de que a violencia non é a solución a ningún problema, de que a violencia non debe anteporse á comunicación ou ao respecto polo outro e, sobre todo, de que a violencia non pode ser o medio de atacar ás mulleres só polo feito de selo. As actividades das que falamos son as seguintes:
1) CHARLA DA POLICÍA NACIONAL sobre a VIOLENCIA MACHISTA a alumnado de 4º de ESO:




































