28 abril 2019

NOVO CARTEL: "O PARNASILLO"


O PARNASILLO!! 

XA TEMOS NOME NO NOSO 2º ESPAZO DA BIBLIOTECA, NA PLANTA BAIXA DO CENTRO!!

É aquí onde facemos moitas exposicións, onde podedes xuntarvos para levar a cabo un traballo en grupo e, tal e como suxire o nome do espazo, un lugar onde poder desenvolver actividades de calquera  ámbito artístico. 

Este é o cartel que fixeron os alumnos e alumnas de 3º de ESO, coordinados pola profesora Blanca, do Departamento de Debuxo

Excelente selección de técnica artística, perfecto resultado!!

QUE AS MUSAS VOS INSPIREN SEMPRE ASÍ DE BEN!!!

26 abril 2019

SEMANA DO LIBRO: AS MULLERES DO 27. PEQUENA BIOGRAFÍA E RECITAL POÉTICO DE VARIAS DESTAS MULLERES

Cartel anunciador da actividade.


Desde o Departamento de Lingua Castelá e Literatura, e coordinado e presentado pola profesora Julia, un grupo de rapazas de 2º de Bacharelato participou nun fermoso recital de poesía que permitíu lembrar o labor persoal e cultural dun grupo de seis mulleres, que formaban parte das chamadas "las sinsombrero", que tamén habería que incluir no grupo do 27 aínda que nos nosos libros de texto non se recoñezan como deberan... 

Para iso estamos aquí...

Ter memoria histórica consiste tamén en levar a cabo actividades coma esta na nosa biblioteca...

Sandra falounos de Lucía Sánchez Saornil e léunos dous poemas...


Lucía falounos de Rosa Chacel e léunos dous poemas... 

María falounos de Concha Méndez e léunos dous poemas...


Iria Martínez falounos de Ernestina de Champourcin e léunos dous poemas...


Iria Ramos falounos de Josefina de la Torre e léunos dous poemas...


Jéssica falounos de Carmen Conde e léunos dous poemas...


Grazas, rapazas, por facer este xesto tan fermoso na semana do libro!

24 abril 2019

SEMANA DO LIBRO: "HIMNOS A LA NOCHE"


Cartel anunciador da actividade

Gaspar David Fiedrich, "A abadía en ruinas"

O poeta Novalis

A actividade que se propoñeu, desde o Departamento de Lingua Castelá e Literatura, para a celebración do Día do Libro títulábase "Himnos a la noche". A presentación fíxose en castelán precisamente pola lingua en que se imparte a asignatura de Literatura Universal.

En primeiro lugar, a profesora Julia fixo unha introducción para comprender un pouco as razóns polas que se facía este recital de poesía, e logo foi presentando a cada un dos participantes, á vez que ían lendo as súas propias composicións:


“HIMNOS A LA NOCHE”: RECITAL POÉTICO Y ALGUNOS TOQUES DE RAP.

1. Introducción

Esta actividad que ahora presentamos surgió de las clases de Literatura Universal. Estamos ahora con el movimiento artístico-literario del Romanticismo, que supongo que sabéis que apareció en Alemania e Inglaterra a finales del siglo XVIII, y posteriormente se extendió por Francia, Italia y España a lo largo del XIX.

El Romanticismo implica rasgos como los de la reivindicación del yo, la búsqueda de la evasión o la voluntad del poeta de dar a conocer sus experiencias personales.

Entre los poetas románticos europeos más sobresalientes están los alemanes Schiller, Goethe, Novalis, Hölderlin; los ingleses Wordsworth, Coleridge, Byron, Shelley, Keats; los franceses Víctor Hugo, Chateaubriand; o el italiano Leopardi. De la Literatura española conocéis a Espronceda, Bécquer o Rosalía de Castro.

Hoy vamos a recordar a uno de ellos, Novalis, que escribió Himnos a la noche, colección de poemas en los que se enaltece la noche, identificada con la muerte. El autor peregrina por la noche hacia su propio yo y descubre los misterios del mundo. 

Inspirándose en Novalis, y al más puro estilo romántico, mis alumnos y alumnas de Literatura Unversal compusieron sus propios himnos a la noche, siempre tan sugerente y misteriosa.


A profesora Julia, do Departamento de Lingua Castelá e Literatura.

1. Valeria Vázquez (que lee el poema que creó Evelyn Lores, que no pudo asistir al evento) hace un ruego a la libertad que proporciona la noche...



2. Aarón Martínez, inspirándose en la antigüedad grecolatina, en su mitología, crea este bello poema...



3. Sara Iglesias hace una reflexión en lengua gallega...



4. Pablo Cuesta cree que durante un paseo por la noche pueden suceder muchas cosas...



5. Tania Fernández crea un himno a la noche al más puro estilo romántico...



6. Óscar Vidal nos habla de un castigo eterno, de lo místico y del más allá...



7. Mónica Pérez nos presenta un yo lírico enamorado de la luna...



8. Anxo Gómez despide este recital poético sobre la noche con una base de rap que le queda estupendamente...


Podedes escoitar a Anxo neste vídeo:



23 abril 2019

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO ARTÍSTICO ANUAL DA BIBLIOTECA






Por fin, a entrega de premios do noso concurso anual da Biblioteca sobre o tema eixo deste ano: AS VIAXES!!!

E a gañadora é........





SEMANA DO LIBRO: POESÍA E MÚSICA. OS RITMOS QUE NOS UNEN

A MELLOR VIAXE!!


Desde o Departamento de Inglés, e gracias á profesora e directora Carmina e máis a Mar, unha rapaza que está facendo as prácticas do CAP no noso centro,  organizouse unha playlist en YOUTUBE para que durante o recreo soase na biblioteca a música de varios cantantes que un bo día decidiron darlle a súa voz e o seu son a poemas moi coñecidos.

Aquí vos vai o enlace:
https://www.youtube.com/playlist?list=PLMQ5MZyyFNJ4oInPNpDvnISav7pwsuHWm

Esta música soou tamén durante a entrega de premios do noso concurso artístico-literario anual.

Podedes facer as vosas aportacións nos comentarios. Grazas!

DÍA DO LIBRO (23 de abril)

O PLAN PARA TODA SEMANA....


IF I WERE A BOOK
(Da miña viaxe a París.
Shakespeare & Company.
Regalo de Lidia).


11 abril 2019

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "VIAXA CO TEU LIBRO"


Por fin a entrega de premios do concurso Viaxa co teu libro!!!

E a gañadora  é.......






Noraboa á gañadora!! Os seus compañeiros e compañeiras de clase están moi contentos!!

A biblioteca regaloulle un diploma, recoñecendo o seu traballo.

Pastora ensínanos a súa foto, que foi imprimida en grande para que a levase para a súa casa.

Pastora ensina o premio: un libro de poesía de Elvira Sastre...

...
... e unha brúxula!!! Creo que é un bó recordo do momento.
Grazas, Pastora, por participar!


10 abril 2019

CONFERENCIA SOBRE ANTÓN FRAGUAS


Como non cabemos todos na Biblioteca, imos para a Aula de Usos Múltiples do centro.

Como o señor Justo Beramendi está especialmente solicitado para falar de Antón Fraguas, a quen se adica este ano o Día das Letras Galegas, pois témolo hoxe con nós!!

Grazas ao Grupo de Normalización da Lingua!!!

09 abril 2019

CONCURSO DE CARTEIS DE ENTROIDO

No noso Parnasillo, xa sabedes que é parte da nosa biblioteca, atópanse xa os premios dun concurso que ten organizado o Departamento de Debuxo e que deu lugar a magníficos traballos coma os seguintes:




TRAVELLING ARROUND THE WORLD

O noso centro xa viaxou a varios sitios! Que ben encaixa esta exposición no noso tema do ano: AS VIAXES!

De todos eles damos conta con estas fotografías que agora mesmo están expostas no Parnasillo: