TEMA EIXO DO CURSO 2018/19: AS VIAXES.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ (30 de xaneiro)

POR QUE SE CELEBRA O 30 DE XANEIRO O “DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E A NON VIOLENCIA”?

Esta xornada celébrase desde 1964 e está recoñecida pola ONU desde 1993. Esa data conmemórase a morte de Mahatma Gandhi líder nacional e espiritual da India, asesinado a tiros en 1948 por un integrista hindú.


Nesta data lémbrase a necessidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. 

O lema deste día é: Amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia, e a paz é mellor que a guerra.

O noso Parnasillo enchéuse de pombas brancas para celebrar este día... Organizouse desde o Departamento de inglés, grazas á profesora Carmina e o seu alumnado... 

Fixádevos nas mensaxes!!







MESA EXPOSITORA DE LITERATURA DE VIAXES

Unha nova mesa de novidades e outras obras que xa tiñamos na biblio!!!

Fixádevos que hai un montón de libros que teñen como tema fundamental A VIAXE!!

Hai libros con maravillosas fotografías da terra vista desde o ceo, un atlas de cidades perdidas, varias rutas do mundo, novelas sobre as viaxes dos emigrantes, que non son precisamente por pracer,  viaxes arredor do mundo, viaxes a lugares fantásticos, a cidades, a pobos, en tren, en globo, en avión, en barco, ata en nave espacial... 

Elixe a túa viaxe! Vive a túa propia aventura!!! E logo compártea cos teus compañeiros e compañeiras!!!


 

Nova disposición dos libros días despois...







E o itinerario lector nº 8 é o seguinte:



LECTURA SOBRE VIAXES



Alumnos de 1º de ESO leron, por certo moi ben e moi clariño, algúns fragmentos dunha das novidades de literatura de viaxes que temos na Biblio a partir desta semana:

La conquista de los polos: Nansen, Amundsen y el Fram, de Jesús Marchamalo, con ilustracións de Agustín Comotto, de la editorial Nórdica. 

Gozade dela e aproveitade para lela na súa totalidade!

Noa Gil Reboredo (1º C, ESO)


Alejandro Feijoó Regueira (1º C, ESO)




Daniel Pérez Gómez (1º C, ESO)





COÑECE A FIGURA DE MARÍA MOLINER



Gabriel García Márquez, Miguel Delibes ou Paco Umbral sempre mostraron grande admiración cara esta bibliotecaria inusual. María Moliner empregou 15 años da súa vida en escribir un dicionario, soa, a lápis, dúas veces máis longo que o da RAE. 190.000 definicións claras e sen pretensións que pasaron á historia vai medio século
Fíxoo nos anos seguintes á depuración á que a someteu o franquismo, baixándoa 18 niveis no escalafón. En plena posguerra, a filóloga e lexicógrafa aragonesa comezou a traballar no seu dicionario. Xa se cumpliron 50 años da súa primera edición.
Pásovos un enlace no que se recollen diversos recursos e fontes para achegarse á  súa historia: 
Tentaremos mercar o libro El exilio interior: La vida de María Moliner, de Inmaculada de la Fuente, para que o voso achegamento á  filóloga sexa algo máis completo. 

A LECTURA EN ESPAÑA


Invítovos a ler o seguinte artigo...


Con que grupo de lectores te identificas? Cres que desde a biblioteca podemos facer algo para fomentar aínda máis a lectura? 

Aceptamos suxestións!!!!

NOVIDADES

Algunhas novidades deste ano están ahora visibles nos nosos estantes da biblio, podedes levalas se gustades...

 
Modigliani, de Fabbriche Le Hénanff
Goya, de Fran Galán
¿Qué estás mirando?, de Will Gompertz
El sueño de Dalí, de Carlos Hernández
30 maneras de quitarse el sombrero, de Elvira Lindo
Vivir sen permiso, de Manuel Rivas
El síndrome de Stendhal, de Aurélie Herrou
La voz que no cesa, de Ramón Pereira
Vida y muerte de Federico García Lorca, de Ian Gibson y Quique Palomo
Ordesa, de Manuel Vilas
Las amantes boreales, de Irene García

AUTORES DO MES ATA O DE AGORA


Hoxe lembrámosvos os catro murais que están colgados nas paredes da Biblioteca sobre os autores ou autoras do mes, que de moi boa gana foi o profesor de galego, Laureano. De momento levamos desde setembro ata xaneiro, como podedes ver. 

Lembrade tamén que se non atopades a OBRA EN PAPEL, podedes lelas dixitalmente: para iso consultade no menú da dereita as entradas coa etiqueta "AUTOR DO MES" ou "LIBROS DIXITAIS"  e fixádevos se pulsando nalgunha imaxe, sae o enlace en internet. 

Animádevos!






ENTREGA DE DIPLOMAS AO ALUMNADO COLABORADOR DA BIBLIOTECA DO PASADO CURSO 2017/18

O venres 18 foron entregados os diplomas ao alumnado colaborador da biblioteca do ano pasado. 

A encargada de presentar o evento foi a profesora Loli, de Grego, que foi a anterior coordinadora da biblioteca, e o que nomeou a cada un dos alumnos e alumnas desde o noso atril foi o Secretario do centro e profesor de Matemáticas, Ramos. Ambos estiveron encantados de lembrar a magnífica labor destes rapaces. Por outra parte, foi unha maneira de convencer a algún máis para que colaborara este ano... 

Grazas a todos!








Engádese ao grupo 






Un pequeno agasallo para os colaboradores
na cafetería do noso centro!!

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA


Fixádevos nas bases do concurso e.... participade!!!! Este concurso forma parte das actividades englobadas no PROXECTO LECTOR DO CENTRO, que este ano foi elaborado na súa maior parte polo profesor Víctor, de Lingua Castelá e Literatura

CDU ILUSTRADA

O pasado mes de setembro de 2018, todas as bibliotecas galegas recibiron o novo cartel CDU ILUSTRADA, creado para a ocasión polo ilustrador Óscar Villán.

Este documento ten como finalidade principal servir de apoio ao profesorado no seu labor de formación de usuarios, así como continuar coa adaptación da Clasificación Decimal Universal (CDU) para as bibliotecas escolares galegas iniciada en 2004.

Continuando con esta liña de traballo, dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares puso a disposición dos centros as miniaturas correspondentes ao citado cartel, para que cada equipo as poida empregar do xeito que considere máis oportuno. 

Así o fixemos na nosa biblioteca, mirada que ordeadiño nos queda todo!









Bueno, de paso ensínovos o resto da biblioteca, porque se van facendo pequenos cambios, aínda que non se fixo o cambio principal de mobiliario. Pásovos as fotos de agora e máis adiante comparamos coas novas, que vos parece?

O espazo informal de lectura

O estante de revistas recentes ou unha selección de libros de interese

O recuncho das películas

A zona de xestión

A zona dos ordenadores e a mesa de exposición de novidades,
que agora, logo das vacacións de Nadal, está vacía...
Non tardará en encherse de libros!

A zona de narrativa de ficción, poesía, teatro ou ensaio.

A zona do resto das materias, que amosábamos máis arriba,
e os estantes de cómics, que vai aumentando!

A mesa de xestión de préstamos con algún adorno bonito para facer o espazo máis agradable.

O atril no que expoñemos como se fai para buscar e pedir en préstamo unha obra na biblio!
Nada máis! Disfrutade dela!!!