Amosando publicacións coa etiqueta Física e Química. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Física e Química. Amosar todas as publicacións

24 marzo 2026

CIENCIA E CINE!!


Organizado pola profesora Paula, do Departamento de Física e Química, tivo lugar unha charla sobre "CIENCIA E CINE", relacionada co tema eixo deste ano da Biblioteca, "Miradas reveladoras: o audiovisual na biblioteca". A charla estivo a cargo de David Ballesteros, da empresa Ceo Aberto (www.ceoaberto.com).

O alumnado que asistíu a estas actividades foi de 2º e de 3º de ESO. 

Proximamente, teremos imaxes destas charlas. 

11 febreiro 2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA: LECTURA COMPARTIDA DE BIOGRAFÍAS DE MULLERES CIENTÍFICAS

Feliz Día Internacional 

da Muller e da Nena na Ciencia!!

Nós durante este día levaremos a cabo diversas actividades que nos permitirán concienciarnos sobre as mulleres e o seu acceso e mantemento nos primeiros postos do ámbito científico nacional e internacional. 

1. Lectura compartida: Biografía de mulleres científicas.

2. Conferencia: "Por que nacín enxeñeira?".

3. Cianotipias: Lembrando a Anna Atkins.

4. Bibliosuxestión lectora no estante central.  

1) LECTURA COMPARTIDA: BIOGRAFÍAS DE MULLERES CIENTÍFICAS NA BIBLIOTECA. 


A profesora María, de Matemáticas, presenta o evento.

















2) CONFERENCIA "POR QUE NACÍN ENXEÑEIRA?"

A conferencia está preparada para 4º ESO... Aquí podemos ver a alumnado e relatora na biblioteca:





3) CIANOTIPIAS: LEMBRANDO A ANNA ATKINS:


Ligazón á entrada propiamente dita neste mesmo blog: 


4) BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA:
O estante central énchese de recomendacións lectoras para o noso alumnado. 


04 novembro 2024

MES DA CIENCIA EN GALEGO: A QUÍMICA DAS ÁRBORES, BIBLIOSUXESTIÓNS LECTORAS E FEIRA CIENTÍFICA DA METEOROLOXÍA

ÍNDICE DE ACTIVIDADES:

1) "A QUÍMICA DAS ÁRBORES"

2) BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA.

3) FEIRA CIENFÍFICA DE METEREOLOXÍA

..............................................................................................................

1) "A QUÍMICA DAS ÁRBORES"


A partir da idea e organización da profesora Paula, de FÍSICA E QUÍMICA, alumnado de 4º ESO levou a cabo unha exposición no Parnasillo sobre A QUÍMICA DAS ÁRBORES. 

O tema encaixa no MES DA CIENCIA EN GALEGO e co TEMA EIXO deste ano na biblioteca, UN MUNDO DE ÁRBORES.















2) BIBLIOSUXESTIÓNS LECTORAS













3) FEIRA CIENTÍFICA DA METEREOLOXÍA

Alumnado de 2º ESO expuxo a rapaces e rapazas de 1º de ESO diversas experiencias físicas para explicar feitos meteorolóxicos. A organizadora destas experiencias tamén foi a profesora Paula, de Física e Química. 
¡Feira científica da meteoroloxía en galego!!