Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO deste curso 2025-26: "MIRADAS REVELADORAS: O AUDIOVISUAL NA BIBLIOTECA"
28 xaneiro 2026
FORMACIÓN USUARIOS DA BIBLIOTECA
27 xaneiro 2026
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, DÍA DA CONMEMORACIÓN DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO
![]() |
| Xenocidios, guerras, ditaduras, holocaustos, xenofobia, desigualdades sociais... Historia das inxustizas (diversos xéneros, |
![]() |
| Obradoiro de Kirigami |
![]() |
| Pombiñas da paz |
![]() |
| Carteis reivindicativos de NON Á GUERRA |
26 xaneiro 2026
COMEZA A HORA DE LER!!
Comeza a HORA DE LER no centro e a Biblioteca ofrece as súas CESTIÑAS cunha nova selección de obras para 1º e 2º de ESO.
12 xaneiro 2026
PROXECTO COMPETENCIAL: Colaboración coa biblioteca
Alumnado de 4º de ESO, na materia de Proxecto Competencial, colaborou coa Biblioteca na elaboración de material de uso e difusión para toda a comunidade educativa. Neste caso crearon, a partir do plan de celebración de efemérides de todo o ano, uns trípticos que serviron para difundir esta información a todo o centro.
O profesor que guiou este proxecto e que acompañou ao alumnado durante moitas sesións nos ordenadores da biblioteca foi Joaquín, de Debuxo.
O resultado foi este...





























