Amosando publicacións coa etiqueta Igualdade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Igualdade. Amosar todas as publicacións

06 marzo 2026

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este ano o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER celebrámolo de diversas maneiras:

  • A través dunha BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA nunha mesa da biblioteca; todos libros atractivos, de diversa temática (deportes, pintura, música, etc...) e adaptados ao currículo do centro. 







  • ¿Y SI TE CAMBIO UN PINTOR POR UNA PINTORA? : Exposición de láminas de obras de artistas mulleres das diversas épocas da historia da arte. Atópase no Parnasillo da Biblioteca. 














  • PHOTOCALL: O alumnado da ESO, nas diversas horas de titoría, baixará co titor ou cota titora para tirar unha foto no noso photocall feminista. Finalmente, as fotos expoñeranse no corredor do centro. Atópase no Parnasillo da Biblioteca. 





13 febreiro 2026

14 DE FEBREIRO, DÍA DOS AMORES DIVERSOS

Na nosa biblioteca aproveitamos o DÍA DOS NAMORADOS, que en si non celebrariamos por ser esta unha data un chisco comercial, para presentar unha nova BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA que ten que ver coas relacións amorosas, coa identidade de xénero, co ámbito LGTBI+, coa diversidade... 

Aquí vos amosamos as nosas famosas "mesiñas cuquis" de Instagram cheas de obras relacionadas con estes temas. Igualmente, nas LISTAS DE KOHA atoparedes as referencias exactas para buscalas no catálogo comodamente.








01 decembro 2025

EXPOSICIÓN "DE EVA A MARUXA"




A exposición De Eva a Maruxa, un percorrido pola Historia da Arte con perspectiva feminista foi auspiciada polo Consello Municipal da Muller Nova do Concello de Pontevedra e realizada integramente, tanto no deseño e produción coma nos contidos, por alumnado e profesorado de centros de secundaria do municipio, e O Garaxe Hermético. A exposición amosa as conclusións do traballo realizado durante o curso 2025 nas aulas para verter sobre a arte unha ollada igualitaria. 

Faino a través de 24 paneis, 12 xogos interactivos e outras estruturas complementarias que fan un percorrido pola relación das mulleres coas distintas formas de expresión da arte plástica, tanto desde a perspectiva de creadas como desde a de creadoras. 

En De Eva a Maruxa están representadas 225 mulleres artistas e 142 cadros, 112 delas e o resto incluídos para reflectir como foron retratadas ao longo da historia, sen contar coa versión en tamaño XXL de As dúas Fridas, 

Os centros que participaron no deseño dos contidos da mostra con CPR Sagrado Corazón de Praceres, IES A Xunqueira I, IES Sánchez Cantón, IES Valle Inclán, CIFP Montecelo, IES A Xunqueira II, IES Torrente Ballester, IES Luís Seoane, IES Frei Martín Sarmiento e CIFP A Xunqueira.












25 novembro 2025

ACTIVIDADES 25 N: "Miradas empáticas"

(ACTIVIDADE RELACIONADA COA BIBLIOTECA CREATIVA, A INTERDISCIPLINARIEDADE, O PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO)

"Miradas empáticas" é un proxecto artístico realizado polo alumnado de 2º de ESO na materia de Proxecto Competencial. Relaciónase coa temática proposta este curso pola biblioteca, "Miradas reveladoras". Trátase o tema da violencia de xénero desde diversos puntos de vista, facendo fincapé na mirada da sociedade sobre as vítimas. 

A partir do visionado de varios vídeos (de violencia psicolóxica, física, micromachismos, roles de xénero...) e posteriores debates en clase, o alumnado eleabora tres traballos:

-un retrato colectivo artístico en equipos, coa técnica do colaxe, sobre como inflúe a mirada da sociedade en dita problemática;

-un autorretrato individual artístico sobre a opinión persoal complementada cos debates establecidos na aula;

-unha instalación artística/photocall para conmemorar o 25 de novembro: máscaras intervidas para que alumnado e profesorado se fotografiaran poñéndose na pel das vítimas da violencia de xénero. 

A instalación conformábase coa interacción do publico que, tras ser fotografiado coa cámara Polaroid, aportaba a súa imaxe instantánea á motaxe, deixaba a súa "pegada empática" ao pórse as máscaras e ao situarse enriba dunha silueta de muller tirada no chan.