DÍA DAS ESCRITORAS


Hoxe, VENRES DE LECTURA, celebramos o DÍA DAS ESCRITORAS

Pensouse que era unha boa idea facer unha lectura colectiva de obras de escritoras que houbera na nosa biblioteca. Pedíuse a colaboración de catro alumnas de 2º de Bacharelato e aceptaron seleccionar textos e lelos no recreo do vernes 19 de outubro. Así se fixo!

Antes de nada, introducíuse a lectura cunha pequena explicación de por que se celebraba este día:

"Este é xa o terceiro ano consecutivo no que a Biblioteca Nacional (BNE) organiza o Día das escritoras, en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas e a Asociación Clásicas y Modernas. Celébrase o primeiro luns de outubro despois do día asociado a Santa Teresa de Jesús. Este ano coincidíu co día 15 e celébrase baixo o lema “rebeldes e transgresoras”.

É un día no que se recorda ás mulleres escritoras, lense os seus textos e mesmo se fai unha creación ou unha mellora de diversos artigos da Wikipedia desde unha perspectiva de xénero.

Isto último non, pero o de lembralas e ler os seus textos sí o faremos hoxe.

Antes de nada, por que se celebra este día? -preguntarédesvos-. He aquí unha serie de razóns:

Resultan rechamantes as palabras da feminista Virginia Woolf, que dicía: “Para a maior parte da Historia, Anónimo era unha muller”. Critica con esta frase a invisibilización que tivo a muller na literatura. Relegadas a un segundo plano na vida política, laboral e social, as mulleres tiveron que loitar historicamente co lugar que se lles asignara no mundo: o fogar e a familia.

En xeral, ás mulleres se lles recoñece pouco a súa valía literaria. Pode comprobarse facilmente vendo os galardóns, como o Nobel de Literatura, que desde a súa creación, en 1901, premiou a 14 mulleres frente a 100 homes; o Premio Cervantes, que desde 1976 tan só galardoou a 4 mulleres frente a 38 homes (María Zambrano, Dulce María Loynaz, Ana María Matute i Elena Poniatowska); ou o Premio Planeta, que distinguíu a 17 mulleres frente a 50 homes, desde 1952.

Na RAE, desde que se fundou en 1714, só acolleu a 11 mulleres. A primeira elixida en ocupar un asento foi Carmen Conde en 1979, unha muller case olvidada entre os grandes nomes do Grupo do 27. En 1984, entrou a segunda muller, Elena Quiroga, unha das autoras máis relevantes dos anos 50 e 60. Despois dela entrarían Ana María Matute, en 1998, a historiadora Carmen Iglesias, en 2002, e a bioquímica Margarita Salas, en 2003. Desde o 2010, o movemento feminista e as mulleres colleron carreira e víuse reflexado coa entrada da escritora Soledad Puértolas (2010), a filóloga Inés Fernández-Ordóñez (2011), a escritora Carme Riera (2013), a filóloga Aurora Egido (2014), a poeta e traductora Clara Janés, e en 2017 a lexicógrafa e catedrática emérita de Filoloxía Española, Paz Battaner.

E logo está o problema dos seudónimos. “As mulleres viviron todos estes séculos como esposas, co poder máxico e delicioso de reflexar a figura do home, o doble do seu tamaño natural”, dicía tamén Virginia Woolf en Unha habitación con vistas. Historicamente unha muller non podía superar intelectualmente a un home. Esta sería outra dificultade engadida á hora de que moitos editores se decidiran a publicar os seus libros e mesmo a que lectores quixeran mercalos. De ahí o uso de tantos seudónimos masculinos para ocultar a súa identidade. Entre elas, por exemplo, as irmáns Brönte -Charlotte, Emily e Anne- ; A. M. Barnard, que era Luisa May Alcott, autora de Mujercitas; George Eliot -que ocultaba Mary Ann Evan-; George Sand -que era Amantine Aurore Lucine Dupin-; J. K. Rowling, a que escribíu Harry Potter -que ocultaba o nome de Joanne-, e tantas outras.

Tamén hai sospeitas de que algúns homes se apropiaran dos contidos creativos das súas mulleres en distintas disciplinas artísticas. Mesmo as sombras alongadas de grandes escritores -penso, por exemplo en Juan Ramón Jiménez- ocultaron a igual valía ou o labor inestimable das súas mulleres -penso, por exemplo, en Cenobia Camprubrí-.

Finalmente, outra reflexión de Woolf: As mulleres non podía acadar o que lles pertencía se non tiñan unha independencia e solvencia económica (“un non pode pensar ben, amar ben, durmir ben, se non comeu ben”) e se non teñen tempo e espazo propio que lles permitira escribir (“unha muller debe ter diñeiro e unha habitación propia se desexa escribir”). Aquí lembramos a Jane Austen, que escribía na sala de estar común da súa casa, exposta a constantes interrupcións, mesmo se coidaba de que ninguén sospeitara de cal era a súa ocupación: a de escribir novelas como Orgullo e prexuizo ou Os Watson.

En fin, para evitar e superar problemas como os que acabamos de expoñer están días como estes, o DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS. E claro, pensamos sempre o mesmo: oxalá non tiveramos que celebralo!
"

Os textos seleccionados pertencían a Emily Dickinson, Wislawa Szymborska, Gioconda Belli, Elvira Sastre, Irene X e Gloria Fuertes. Ademáis se mencionou a obra de Virginia Woolf, Emily Brönte, Jane Austen e outras escritoras... 

Con todas elas fíxose o ITINERARIO LECTOR Nº 1, que podedes consultar na biblioteca.



Aquí vos deixamos algunhas fotos significativas:

Claudia Domínguez (2º D) leu a Emily Dickinson.

Sandra Rozadas (2º D) leu a Wislawa Szymborska

Lucía Pereira (2º D) leu a Gioconda Belli

Iria Ramos (2º D) leu a Elvira Sastre e Irene X

As seguintes fotografías corresponden a distintos estantes con ESCRITORAS INTERESANTES PARA COLLER NA BIBLIOTECA , anímate!












CARTEIS NA BIBLIOTECA

Hoxe queremos ensinarvos o que nestes momentos hai pegado nas paredes da nosa biblioteca: cartéis que vos recordan que é o que podedes encontrar neste blog:

O MURAL SOBRE O LECTOR DO MES

Estantes cos libros de Stefan Zweig



Carta de una desconocida,
Veinticuatro horas en la vida de una mujer,
Miedo,
Mendel el de los libros

La embriaguez de la metamorfosis,
Viaje al pasado,
Novela de xadrez



QUE PODEDES ATOPAR NESTE BLOG? NON O OLVIDES!

UN TEXTO DE ELVIRA LINDO SOBRE A LECTURA (moi recomendable!),
AS NORMAS DA BIBLIO e A GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA.

ADEMÁIS DO ANTERIOR, O PÓSTER SOBRE O TEMA DA BIBLIO, AS VIAXES!


Ás veces hai que facer estas cousiñas de recordo para que non deixedes de lernos. GRAZAS!!!!

3º DÍA DE FORMACIÓN DE NOVOS USUARIOS

Novos alumnos e alumnas de 1º de ESO coñecendo a nosa biblioteca. Estes, en concreto, superparticipativos! Encantáronme, porque non quedaron con dúbidas dentro... ¡Así debe ser sempre!



Vémonos pola biblioteca!

2º DÍA DE PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA

Hoxe tivemos outros dos grupos de alumnos e alumnas de 1º de ESO, que como sempre estiveron moi atentos ás indicacións que lles demos e moi participativos. Estupendo todo!

Por suposto, hai que dar as grazas de novo á nosa alumna colaboradora, Ainhoa (4º ESO). Merece un regalo pola sua disposición! Claro que sí!

Estas son algunhas das fotos que fixemos. A ver se vos atopades!




1º DÍA DE PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA

Aínda que un pouquiño tarde, por fin demos comezado a FORMACIÓN DE NOVOS USUARIOS DA BIBLIOTECA.

Hoxe pasou por aquí un grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO, como podedes comprobar:





A actividade saíu estupendamente, sobre todo porque nos axudou Ainhoa, de 4º da ESO, que xa ten experiencia como colaboradora da biblioteca.

Mostrámoslles aos rapaces e rapazas cales eran os espazos que formaban a Biblioteca (Central, Parnasillo, Despensa do saber...), como era unha etiqueta dun libro, como podían buscar entre os estantes, as normas que debían cumprir, os espazos dixitais existentes, como se busca no catálogo  Meiga e moitas cousas máis.

Tamén xogamos a adivinar que se escondía detrás dun parágrafo borrado na folla dun libro e a buscar este nos estantes coas indicacións dadas. 

A verdade é que todos traballamos bastante. 

Esperamos volver a vervos pola biblioteca!


ESPAZOS, ORGANIZACIÓN E PRÉSTAMO NA BIBLIOTECA



Este é o tríptico que lles daremos aos rapaces e rapazas o día que fagamos a presentación a novos usuarios... ¡Tamén está na parede da Biblio!




O autor do mes - Outubro - Stefan Zweig


O AUTOR DO MES

No presente curso, imos iniciar unha sección dedicada cada mes a un autor, normalmente considerado xa un clásico.




O AUTOR DO MES DE OUTUBRO: STEFAN ZWEIG

            Este escritor, nacido en Viena no ano 1881 e morto en Petrópolis (Brasil) en 1942, resultaralles coñecido ós alumnos e alumnas de Literatura Universal e do Club de Lectura, pois as súas obras Carta dunha descoñecida e A novela do xadrez foron algunha vez de lectura obrigatoria ou optativa.




            Trátase dun autor moi coñecido no seu tempo, esquecido durante décadas e agora de novo admirado. En España, varias das súas obras foron traducidas para a editorial Juventud e, máis recentemente, para a editorial Acantilado. Nesta podedes atopar boa parte das súas obras narrativas.



            Aínda que cultivou todos os xéneros, a poesía, para el, formou parte da súa iniciación creadora e o seu teatro é pouco coñecido na actualidade; lémbrase case exclusivamente que o seu drama Xeremías é unha exaltación do pacifismo e unha crítica da guerra.




            É máis lembrado polas súas biografías, dedicadas a María Estuardo, María Antonieta, Magallâes, Erasmo de Rotterdam, Fouché...; cítanse máis a miúdo a súa obra en parte histórica e en parte literaria Momentos estelares da Humanidade, as súas memorias, nas que ante todo desexa relembrar unha época, O mundo de onte; e os seus estudos literarios en col de Verlaine, Romain Rolland, Balzac, Dickens, Dostoievski, Freud...



            Aquí imos recomendar as súas obras narrativas; en especial, algunhas novelas breves e coleccións de contos, pois estamos de acordo cos críticos que opinan que Zweig é, ante todo, un mestre nese tipo de relato que se atopa entre o conto longo e a novela breve.




            En primeiro lugar, queremos destacar que nas súas colección de relatos se atopan algúns maxistrais. Véxanse, se non, os libros Amok, Noite fantástica ou Soños esquecidos e outros relatos. Por outra parte, as súas novelas breves revelan unha sensibilidade e unha capacidade para captar a atención do lector admirables. A lista podería ser máis longa, pero cabe lembrar unhas poucas que non decepcionarán: Carta dunha descoñecida, Vinte e catro horas na vida dunha muller, A novela do xadrez, Viaxe ao pasado –que é máis ben un relato longo-, Ardente segredo e A impaciencia do corazón.



            Que cabe agardar da lectura destas obras?
            É difícil reducilo a poucas palabras. Talvez deberiamos dicir que se trata, ante todo, de obras literarias que procuran amosar os sentimentos duns personaxes en circunstancias persoais e sociais diversas. Como bo narrador, sabe trascender a súa experiencia persoal, aínda que esta se manifesta reiteradamente. Por exemplo, a súa experiencia como membro dunha familia xudía vienesa que gozaba dunha excepcional posición económica. O drama dos xudeus ó longo da historia e a inicios do século XX pode verse na súa noveliña histórica O candelabro enterrado, na novela sentimental A impaciencia do corazón e nos seus relatos “Na neve”, “Confusión dos sentimentos” e “Mendel, o dos libros” –onde podemos ver un antecedente de “Funes, el memorioso”, de Borges-. Tamén o seu rexeitamento da guerra –xa notorio tras a experiencia da Primeira Guerra Mundial- e do nazismo –que causou o seu exilio de Austria e probablemente o seu suicidio, acompañado da súa segunda muller- pode verse en relatos de A muller e a paisaxe, en “Mendel, o dos libros”, Viaxe ao pasado e, sobre todo, A novela do xadrez.



            Con todo, como dixemos, cínguese máis ós aspectos individuais que ós sociais. Con frecuencia, escolle como protagonista a unha muller que, respectuosa das convencións sociais, nun momento de crise busca algo distinto, que dea emoción a unha vida monótona. Ás veces, actúa sen decatarse dos seus auténticos desexos, con toda a boa intención de axudar a quen observa en perigo. Outras, trátase dunha adolescente que se deixa arrastrar polo seu sentimento, de xeito idealista e un tanto irreflexivo. Carta dunha descoñecida, “O pago da débeda atrasada” –pertencente ó libro Noite fantástica- ou “Historia na penumbra” –incluído en Soños perdidos- son exemplos do último caso, e obras como Vinte e catro horas na vida dunha muller, Ardente segredo ou “Angustia”, do primeiro. Case sempre Zweig amosa a súa identificación co personaxe e manifesta a súa simpatía pola muller “caída” segundo as convencións decimonónicas.




            Como sabemos, trátase dun dos temas literarios preferidos de todos os tempos, pero pódense observar certas similitudes, en especial, con autores realistas como Henry James. En ambos podemos atopar características temáticas e formais coincidentes: o interese pola psicoloxía dos personaxes e a captación de ambientes, o relato de historias sentimentais, a tendencia á amplificación, o gusto polo pespectivismo –ambos presentan de modo impresionante a historia de amor duns adultos a través dos ollos duns nenos-. Non obstante, son evidentes, así mesmo, as diferenzas: Zweig é máis sentimental e sensual, menos ambiguo, máis conciso –procuraba fuxir do rebuscado e barroco, aínda que non sempre o conseguiu-; abrangue clases sociais máis diversas e lugares máis dilatados –A India, o Extremo Oriente, Hispanoamérica...-, non se interesa tanto polo fantástico ou paranormal –cando este aparece, como é o caso de Carta dunha descoñecida ou “A estrela sobre o bosque”, resulta case imperceptible, unha mera nota poética-.



            Un dos temas recorrentes na obra de Zweig, que revela talvez unha tendencia innata, é o suicidio. Aínda que ás veces é unha simple tentativa, chega a realizarse en múltiples obras, ben como produto dun vicio ou unha obsesión que arruína a existencia humana, ben como consecuencia dun amor non correspondido, ben como única maneira de fuxir dun perigo inminente. Case todos os contos de Amok –nome que indica unha perturbación psicolóxica que arrastra á violencia e á morte- presentan algún caso de suicidio, tema que podemos ver en A impaciencia do corazón, Vinte e catro horas na vida dunha muller, “A estrela sobre o bosque”, “A institutriz”... Dá a impresión de que Zweig era un ser hipersensible, culto, gozador sensual da vida e a sociedade, que, no fondo, tiña un sentido tráxico da existencia.



            En canto á técnica e o estilo, o autor austríaco non foi un innovador á maneira de Joyce, Steinbeck ou Woolf. Como dixemos, ten máis parentesco cos autores que se moveron a cabalo dos séculos XIX e XX, como Henry James; o cal quere dicir que buscou innnovacións, como o perspectivismo xa aludido ou a redución temporal –unha historia que ten como tempo principal un día ou incluso menos-, dentro dunha estrutura novelesca tradicional. En xeral, prefire o relato en primeira persoa, que ofrece ó lector unha maior sensación de intimidade, de confesión persoal –de feito, con frecuencia atopamos un narrador que lembra o que lle revela un personaxe misterioso-.
            Ben. Talvez esta introdución foi un pouco extensa de máis. Quedade con algún dos títulos e intentade lelos. A ver que vos parece. Feliz lectura!




INICIO DO CURSO ESCOLAR

Ilustración de Alex Nabaum
Ola a todos!!

Un ano máis voltamos ás nosas aulas para pór en marcha a máquina do instituto. Xa sabedes: localizar as aulas, coñecer ou voltar a ver aos profesores e profesoras, actualizar problemas de matrículas, copiar criterios de avaliación de todo o curso, pensar nas lecturas do trimestre... Moitísimos aspectos para termos en conta xa desde o principio, e case co traxe de baño aínda sen gardar. En fin, son así as cousas.Todas vellas!

De tódolos xeitos, sempre hai algunha novidade que nos sorprende, aínda que ao mellor non notades nada aínda: XA FORMAMOS PARTE DA REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA!!! Costounos bastante entrar, polo que para o noso centro é unha novidade excepcional e digna de recoller no noso blog da biblioteca. 
 
Este feito supón, por unha banda, unha inxección económica bastante grande, o cal permitirá facer cambios no mobiliario, no equipamento e nos fondos... Pero, por outra banda, implicará un grande compromiso por parte de todos (profesorado e alumnado) para levar a cabo máis actividades, promover máis concursos, formar parte de máis proxectos...
 
Como vedes,  é un notición, pero tamén é un traballón o que nos agarda! 
 
Non importa, mente positiva: entre todos faremos o que esté nas nosas mans para que este ano nos vaia perfecto e o ano que vén sigamos estando neste selecto e prestixioso club, a que si? Si, por favoooooor!!!! 
 
Benvidos ao curso 2018/19 e benvidos á BIBLIOTECA DO IES A XUNQUEIRA I !!
Estaremos en contacto!! 

A radio da biblioteca e os libros de lectura

As profesoras María Valcarcel e Inés Barros fixeron uns pequenos guións de radio neste último mes de xuño cos rapaces de primeiro ESO o resultado na canle ivoox https://www.ivoox.com/podcast-ies-a-xunqueira-i-curso-2017-18_sq_f1481291_1.html

A alumna Raquel Saburido na lectura do venres 15

O escritor Sechu Sende responde as preguntas do club de lectura de Galego de 1º ESO

A profesora Mará Valcarcel neste terceiro trimestre organizou un club de lectura dos rapaces de primeiro ESO no que leron Made in Galiza de Sechu Sende Estas son as preguntas dos rapaces - De onde sacou a inspiración para tantos relatos? - Por que decidiu escribir un libro de micorrelatos? - Por que decidiu escribir un libro de relatos referentes á lingua? - Por que hai relatos en que fala directamente de lingua e outros de maneira abstracta? - Tiveches algunha axuda á hora de facer o libro? E esta a reposta do escritor

O martes 22 teremos na Biblioteca o Concurso "Completa unha frase de ... Mª Victoria Moreno"

Será o martes 22 cando todo o alumnado inscrito no concurso "Completa unha frase de .... Mª Victoria Moreno" se reuna na Biblioteca do noso Centro para deixar voar a súa imaxinación.
Informaremos do resultado


DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe, VENRES DE LECTURA , celebramos o DÍA DAS ESCRITORAS .  Pensouse que era unha boa idea facer unha lectura colectiva de obras...