13 maio 2024

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (17 DE MAIO)



Esta semana celebramos por fin AS LETRAS GALEGAS!! O 17 de maio é o día, e como é festivo, seguro que tedes algúns diíñas libres para ler!! 

Este ano está adicado a LUISA VILLALTA. Nas seguintes ligazóns podedes acceder a toda a información sobre a súa vida e a súa obra: 





Como non pode ser doutro xeito, na BIBLIOXÚN temos moitiísimas recomendacións lectoras (BIBLIOSUXESTIÓNS) para vós, para que sexades quen de gozar da lingua galega, da lingua da que estamos tan orgullosos, porque reflexa todo de nós e somos nós grazas a ela.  FALEMOS GALEGO todo o posible e LEAMOS SEMPRE... Na Biblioxún temos literatura en galego (poesía, teatro e narrativa), temos obras co selo de "Lectura fácil", tamén ensaios humanísticos, lingüísticos, científicos... De todo!!