17 febreiro 2023

NOVAS COMPRAS NA BIBLIOXÚN! NOVIDADES QUENTES!!

Co diñeiriño do PLAMBE facemos marabillas! Obras de todos os xéneros, de ficción, informativos, premios recentes, de temáticas de todas as materias, de todo... É motivo de orgullo para nós ofrecer estas novidades ao noso alumnado para que, de momento, leven para as vacacións de Entroido, pero en realidade para que gocen destas cousas bonitas que ofrece a BIBLIOXÚN durante todo o ano! 



















16 febreiro 2023

CARMEN QUINTEIRO visita a nosa biblioteca. Club de Lectura Feminista: Complacer nunca, con placer siempre.

A poeta pontevedresa e mestra CARMEN QUINTEIRO estivo hoxe na nosa biblioteca para compartir experiencias poéticas co alumnado do Club Feminista, dentro do Club de Lectura A esmorga. 

Falou da forma e do contido do seu libro de poemas máis recente, COMPLACER NUNCA, CON PLACER SEMPRE. 

O alumnado sempre queda encantado con Carmen, grazas!










14 febreiro 2023

DÍA INTERNACIONAL DA INTERNET SEGURA

Hoxe visitounos un membro da POLICÍA NACIONAL para explicarnos que perigos podemos atopar en Internet e que é necesario coñecer para non caer no mal uso desta. Aprendimos moitísimo, foi moi interesante para o alumnado da ESO.








10 febreiro 2023

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia!

A profesora María, de Matemáticas, organiza todos os anos un evento interesantísimo no que un grupo de alumnos e alummas escolle da biblioteca a información necesaria para expoñer en poucas liñas a vida e a obra dun conxunto de mulleres científicas. 

Expoñen o seu traballo no recreo e todos asistimos a todo ese caudal de información neste día que é o seu!

Ademais, las mesas da biblio temos a nosa biblioselección correspondente!!