30 xaneiro 2020

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Algunhas das maneiras que tivemos na Xunqueira I de celebrar este día da PAZ e da NON VIOLENCIA foi encher de carteliños e manifestacións artísticas as paredes da biblioteca, tanto a central coma o Parnasillo. Mirade que bonito!


Na parede da biblioteca central.

Na entrada da biblioteca: artigo de NÓS DIARIO.


Na presentación do CARTEL NO PARNASILLO colaboraron alumnos e alumnas de 1º de ESO, gracias a organización da profesora Rosa, de Matemáticas. 












PRESTIGE OIL SPILL

A profesora Carmina organizou cos seu alumnado de 2º de Bacharelato unha exposición de fotografía  no Parnasillo, onde amosa aquel DESASTRE ECOLÓXICO que tivo lugar en Galiza, en novembro do 2002: o derrame de petróleo no mar provocado polo afundimento do buque PRESTIGE. 

O alumnado elaborou os pés de foto...




















PROPOSTAS DE CONCURSOS NOS CORREDORES

Xa sabedes que nos gusta anunciar NOVOS CONCURSOS nos que podedes participar. E aquí se inclúen tanto os que saen da propia biblioteca (por exemplo, agora está o de ILUSTRA A BOLSA DA BIBLIOTECA) como os que organizan outras institucións desde fora:







29 xaneiro 2020

EDUCACIÓN SEXUAL NA BIBLIOTECA

Hoxe estiveron dous representantes de CRUZ ROJA na biblioteca para impartir charlas sobre EDUCACIÓN SEXUAL. Estas charlas estiveron organizadas polo Departamento de Orientación e dirixidas a alumnado da ESO

Digan o que digan algúns, o profesorado deste centro considera que a educación sexual segue a ser un tema importante e necesario na formación de TODO o alumnado deste centro. A biblioteca, viveiro de cidadanía, facilita o seu espazo, sen lugar a dúbidas, para actividades coma esta:




NOVAS DE INTERESE

NOVAS DE ACTUALIDADE dentro do tema eixo deste ano na Biblioteca, "A Natureza":







22 xaneiro 2020

EXCURSIÓN Á CORUÑA: MUSEOS CIENTÍFICOS

Hoxe tivo lugar unha excursión á Coruña, ao que asistíu alumnado de 3º ESO e de 2º do Ciclo Medio de Laboratorio, e foi aos museos científicos da cidade: 

-Acuario "Finis Terrae"
-Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía 
-Casa das Ciencias-Planetario.

A excursión foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

A Natureza chega tamén ás excursións do noso centro!! Gozade das fotos do profesor Marcos Fernández!