30 outubro 2026

BIBLIOSUXESTIÓNS: DÍA DE DEFUNTOS, DÍA DE TODOS OS SANTOS, SAMAÍN, HALLOWEEN...

 (ACTIVIDADE RELACIONADA COA PROMOCIÓN DA LECTURA E A BIBLIOTECA COMO LUGAR DE COÑECEMENTO)

Chegan as noites máis longas do ano e o momento perfecto para mergullarse nunha boa lectura. Preparamos unha selección especial de libros de terror, misterio e lendas galegas para levar en préstamo.

Botádelle unha ollada ás imaxes para descubrir as nosas propostas e pasade pola biblioteca a coller a vosa lectura!

















29 outubro 2026

ENTREGA DE PREMIOS: Concurso de relatos de terror baseados na auga.


 

(ACTIVIDADE RELACIONADA COA CREACIÓN LITERARIA E COA DIFUSIÓN DA CULTURA DESDE AS BIBLIOTECAS) 

Así foi a entrega de premios aos mellores contos de terror baseados na auga.

Noraboa aos premiados e un enorme agradecemento a quen participou por mergullarnos nas súas historias máis arrepiantes.





































27 outubro 2026

BIBLIOTECA CREATIVA: HALLOWEEN

 
(ACTIVIDADE RELACIONADA COA BIBLIOTECA CREATIVA E A BIBLIOTECA COMO LUGAR DE COÑECEMENTO)

O alumnado de 1º de Bacharelato, coa supervisión do Departamento de Inglés, preparou unha terrorífica exposición de libros e películas coa temática de Halloween amosando o seu dominio da lingua inglesa.

Non o perdas e achégate ao Parnasillo da Biblioteca!









20 outubro 2026

19 outubro 2026

DÍA DAS ESCRITORAS: VISITA DE CYNTHIA MENÉNDEZ (19 de outubro)



Hoxe é o DÍA DAS ESCRITORAS!! Para celebralo, visitou a nosa @biblioxun Cynthia Menéndez, autora do premiado libro “Son coma glaciares os barcos de aceiro”. Conversou cos rapaces e rapazas de 4° de ESO e falounos sobre os puntos de vista na literatura, sobre cambiar o foco no relato habitual dos feitos, sobre novas miradas que enriquecen o mundo e os mundos da literatura… 
Durante moito tempo a mirada da muller faltou nos andeis das bibliotecas, hoxe tentamos que iso xa non sexa así… 
Foi un pracer escoitar a esta muller!!