21 xaneiro 2019

AUTORES DO MES ATA O DE AGORA


Hoxe lembrámosvos os catro murais que están colgados nas paredes da Biblioteca sobre os autores ou autoras do mes, que de moi boa gana foi o profesor de galego, Laureano. De momento levamos desde setembro ata xaneiro, como podedes ver. 

Lembrade tamén que se non atopades a OBRA EN PAPEL, podedes lelas dixitalmente: para iso consultade no menú da dereita as entradas coa etiqueta "AUTOR DO MES" ou "LIBROS DIXITAIS"  e fixádevos se pulsando nalgunha imaxe, sae o enlace en internet. 

Animádevos!