No corredor onde se atopan as aulas nas que se imparte Lingua Castelá e Literatura (C1, C2, C3, C4) e onde está o seu Departamento, hai unha pequena exposición dos traballos feitos por 1º C e 1º E de Bacharelato na asignatura de Literatura Universal, que imparte a profesora Julia.
Enlazando co tema das viaxes, este ano púxose como lectura do primeiro trimestre unha selección de textos da ODISEA de Homero (Ed. Cátedra Base). A súa lectura completouse coa elaboración dunhas supostas cartas que a mesma Penélope escribíu ao protagonista da epopea grega, ao modo das Heroidas de Ovidio.
O resultado foi moi interesante: deron conta da lectura da obra, puxéronse por primeira vez na pel da muller abnegada que agarda ao seu marido, fixeron un exercicio para clase que nos levou a "aqueles tempos" en que aínda existía a correspondencia epistolar e, por suposto, participaron co seu traballo no conxunto de actividades da BIBLIOTECA en torno ao tema eixo das VIAXES.
Grazas pola vosa colaboración!