O PARNASILLO!!
XA TEMOS NOME NO NOSO 2º ESPAZO DA BIBLIOTECA, NA PLANTA BAIXA DO CENTRO!!
É aquí onde facemos moitas exposicións, onde podedes xuntarvos para levar a cabo un traballo en grupo e, tal e como suxire o nome do espazo, un lugar onde poder desenvolver actividades de calquera ámbito artístico.
Este é o cartel que fixeron os alumnos e alumnas de 3º de ESO, coordinados pola profesora Blanca, do Departamento de Debuxo.
Excelente selección de técnica artística, perfecto resultado!!
QUE AS MUSAS VOS INSPIREN SEMPRE ASÍ DE BEN!!!