21 marzo 2020

DÍA DA POESÍA -durante o confinamento-

Ilustración de Paloma Valdivia

  • Nestes días de confinamento, a poesía axuda un pouquiño, aínda que só sexa para afondar en  mundos, personalidades, perspectivas, visións, sentires múltiples e diferentes... Hoxe, 21 de marzo, un día despois do comezo da primavera, é o Día da poesía e nós, desde a biblioteca do IES A Xunqueira I, aínda que sexa a distancia, ímolo celebrar!
  • En primeiro lugar, algúns profes do noso centro leron a nosa suxestión polo Instagram e subiron un vídeo lendo un poema; aquí tedes os enlaces. 


Moitíííísimas grazas por colaborar con nós!!!



https://www.instagram.com/p/B-BBrECCcnP/ (do profesor Inacio)





  • En segundo lugar, alumnado de 1º de ESO, organizados pola profesora Blanca, de Debuxo, fixo uns CALIGRAMAS preciosísimos e uns POEMAS-FOLLA, a partir de poemas curtos ou haikus, que en canto pase este confinamento teremos que colocar na nosa ÁRBORE DAS PALABRAS. Todos estes  traballos están directamente relacionados co noso tema eixo deste ano, "A natureza":








  • E en terceiro e último lugar, xa por fin, temos que dar conta dos gañadores e gañadoras dos nosos I Xogos Florais do IES A Xunqueira I. Xa sabedes, pola entrada anterior deste blog, que aumentamos un premio máis, porque nos parecía máis xusto. 
NORABOA A TODOS E A TODAS, 
E Á VOLTA VÉMONOS 
PARA ENTREGAR OS PREMIOS!!!

-Categoría A (alumnado de 1º e 2º da ESO): 
Laura Torres López (1ºC, poema en castelán) 
e María Parada García (1ºB, poema en galego).

COMO ANTES

Ya nada es como lo que era,
ya no hay ni una sola pradera,
todo son coches, ciudades, 
autopistas, carreteras y grandes viales.

Los mares han crecido,
ya nos los recuerdo igual,
pues con ellos he reído
y todo lo he vivido.

También recordar
mi otro dulce hogar:
ese bosque tan mágico
que algunos ya ni valor le dan.

Por eso nos debemos juntar,
si nuestro planeta queremos salvar.
Lo único que nos queda es luchar.

.....

MAR

Este é o mar
con ondas que veñen e van, 
que co murmurio do vento
xoga atento.

Este é o mar
que cheo de plásticos
está a punto de rematar,
por culpa duns parvos
que botan lixo ao chan.


-Categoría B (alumnado de 3º e 4º da ESO): 
Ainoa Garzón Mejuto (4ºB, poema en castelán) 
e Rosa María Pereira Vogt (4ºB, poema en galego). 

LÍNEAS PARA UN DESCOSIDO

Las lágrimas surcaban sus mejillas,
y su corazón galopante
desgarraba el silencio que envolvía la habitación.
Los recuerdos le acosaron esa noche
y la siguiente,
y la siguiente...

Intentó descoserle de su corazón mil veces,
pero el recuerdo de esas dulces palabras 
volvía,
el recuerdo de esas sonrisas olvidadas 
volvía.

La envolvía la ansiedad por verle,
a pesar del daño causado,
a pesar de dejarle el corazón
lleno de remiendos.

Quería revivir los bonitos recuerdos,
no quería cuestionar el dolor o la felicidad.
Siempre estaba ahí,
donde la sombra de esas promesas efímeras,
siempre estaba ahí,
donde una canción se acababa de destrozar.

Pero un día...
volvió a ver la luz del Sol
brillando incluso para ella.

Y ahí...
lo entendió todo:
No había vivido para sí misma, 
sino para él,
no había soñado por sus metas,
sino por él,
no se había amado a sí misma, 
sino a él.

Y ya era hora de cambiar las cosas,
su libro todavía no había terminado y...
él no volvería a ser protagonista. 

.....

A TERRA OLVIDADA

Miña Galiza amada,
miña Galiza queimada.

Ti que ata polos teus fillos
foches traizoada,
ti que ata polos teus escritores
foches louvada.
Ti que durante séculos
foches calada,
berras agora farta.

Reclamando os teus fillos,
os tempos perdidos,
as injustizas 
que nunca foron visualizadas,
as cantigas
que nunca foron escoltadas. 

-Categoría C (alumnado de Bacharelato): 
Aarón Martínez Rodríguez (2ºE, poema en castelán) 
e Sergio Portos Fernández (2ºD, poema en galego). 

VIVO MURIENDO Y MUERO POR GUSTO
Vivo muriendo y muero por gusto
en medio de un mar incierto e injusto.
Olas van y vienen, me tratan de intruso
ajeno a un mundo uniforme e insulso.
Soy yo mismo, original y contuso,
golpeado por peones de carácter iluso.
No ven el brillo de un ser diverso,
y en ocasiones se me hace adverso.
Vivo muriendo y muero en verso, 
como un divergente cauto y honesto. 

.....

TEÑO UNHA MÁSCARA

Teño unha máscara,
utilízoa para ocultar
o que en realidade son,
e mostrar
o que dá máis cor.

Teño unha máscara
para non preocupar
á xente que me fai dor,
e calar 
o que sente o meu corazón.

Teño unha máscara 
para a falsa felicidade contaxiar
aos demais,
e que non estean
nos meus mundos universais.

Teño unha máscara
porque a soidade
me influíu en non mostrar
o meu son
e só ser pó.

Teño unha máscara
porque demostro a realidade
que formou a sociedade,
ocultando as verdades 
que non quieren escoitar.

En realidade, 
teño unha máscara
que utilizarei 
para transformar 
o horroroso
en fermoso.

Teño unha máscara
que usarei
para facer arte
ata que te fartes.

Agora non pararei
ata ensinar
aos que estiveron a tapar
a miña luminosidade. 


Un biquiño grande e ánimoooooooo estes días!!!!