03 decembro 2018

EXPOSICIÓN DE POESÍA PARA A PONTE DA CONSTITUCIÓN


PARA ESTA PONTE... POESÍA!







ITINERARIO LECTOR Nº 6:


EXPOSICIÓN ARTÍSTICA SOBRE AS VIAXES

¿Lembrades o concurso artístico e literario sobre AS VIAXES, o tema eixo deste ano da biblioteca? 


Pois xa temos as primeiras obras artísticas!!! 

Mirade que alumnado tan profesional temos entre nós!!!












01 decembro 2018

A ESCRITORA DO MES DE DECEMBRO: JANE AUSTEN


A ESCRITORA DO MES


JANE AUSTEN

            Esta escritora inglesa, que morreu antes de cumprir os corenta e dous anos, pois viviu entre 1775 e 1817, deixou unha obra breve, pero importante. Sabemos que comezou a escribir sendo moi nova e que as súas primeiras obras foron rexeitadas polos editores ou mercadas sen intención clara de imprimilas. A raíz da publicación de Sense and Sensibility (Sentido e sensibilidade), que tivo un éxito moderado, en 1811, apareceron Pride and Prejudice (Orgullo e prexuízo), en 1813, Mansfield Park, en 1814, e Emma, en 1815, todas sen o nome da autora. Xa despois da súa morte, en 1817 e 1818 respectivamente, viron a luz Northanger Abbey e Persuasion. Bastante despois déronse a coñecer obras menores da autora, como, por exemplo, Lady Susan, Love and Friendship (Amor e amizade) e The Watsons (Os Watson).



Pulsa a imaxe
e mira un vídeo de RTVE
sobre Jane Austen.


Pusa na imaxe e le Lady Susan.

Pulsa na imaxe e le Amor e amizade.

            Trátase dunha autora que foi gañando lectores e prestixio conforme foron pasando os anos e as modas. Na actualidade, considérase un fito orixinal na literatura inglesa: amosa influencia da narrativa do século XVIII, que ás veces parodia ou satiriza, afástase bastante do romanticismo do seu tempo –pénsese, por contraste, noutra gran autora como é Mary Shelley, co seu Frankenstein- e anuncia o realismo posterior. Na súa obra teñen moitísima importancia os sentimentos, pero busca sempre un xusto medio entre estes e a razón, entre a sensibilidade e o sentido.
                                                      
  
Pulsa na imaxe e le Orgullo e prexuízo

     
            

           Os lectores divídense á hora de elixir unha das súas obras como a mellor –o cal é, dito sexa de paso, unha parvada-, mais parece que na actualidade a preferida é Orgullo e prexuízo. Posiblemente é a máis dinámica e simpática, pero iso depende dos gustos de cadaquén. O certo é que as vivencias das cinco irmás Bennett en busca do amor e dun marido apropiado poden espertar máis dun sorriso. A autora, por medio dun dos seus personaxes preferidos, Elizabeth Bennett, capta moi ben a mentalidade daquela época.

                                                         
Pulsa na imaxe e le Emma.
                                                    

            Outra das obras predilectas dos lectores é Emma, que presenta outro personaxe feminino inesquecible: a moza mimada, orgullosa de si mesma, bondadosa, sociable, que só ve o que desexa ver ata que cae no desengano. Afortunadamente para ela, a Jane Austen non lle debían agradar demasiado as traxedias, de modo que todo remata felizmente.

Pulsa na imaxe e le Sentido e sensibilidade.
                                                 

            Sentido e sensibilidade, ou Sensatez e sentimento, como se queira traducir, é quizais unha obra máis morosa, que revela bastante ben a mentalidade da autora, partidaria, como dixemos, do xusto medio, e contraria ó exceso sentimental –o cal, polo visto, non lle agradou a Charlotte Brontë. Marianne e Elinor, irmás amantísimas, a pesar das súas similitudes, son, ó principio, modelos opostos de actitude ante a vida -a paixón e o sentido común, o ímpetu e a contención- nun ambiente en que contrastan, así mesmo, a xenerosidade e a tacañería, a sinceridade a a hipocrisía.

Pulsa na imaxe e le Mansfield Park.
Pulsa na imaxe e le Persuasión.
                                                         

            Mansfield Park e Persuasión, con distintos ambientes, presentan unhas protagonistas bastante similares, namoradas caladamente duns mozos que só ó final comprenden que non poden prescindir do seu amor. Viven rodeadas de xentes egoístas ás que, non obstante, procuran axudar. Son tan discretas, que só un trato frecuente fai descubrir a beleza e as virtudes que atesouran.

Pulsa na imaxe e le A abadía de Northanger.
                                                     

            Northanger Abbey é, en certo modo, o Quijote de Jane Austen. Como Cervantes parodia os libros de cabalería, ela búrlase, por medio da súa protagonista, das novelas góticas do século XVIII, como O monxe, de Lewis, ou O castelo de Otranto, de Walpole. Quizais resulta menos lograda que as novelas citadas con anterioridade.

                                                   


            En canto ás demais obras coñecidas, todas teñen algo da súa alma, aínda que ás veces son ensaios para as obras posteriores. Lémbrese que Sentido e sensibilidade ou Orgullo e prexuízo, con outros títulos, xa recibiran unha primeira versión cando a autora andaba polos vinte anos ou pouco máis. Talvez a mellor desas primeiras narracións é Lady Susan, que, a diferenza das súas novelas maiores, presenta unha protagonista nada modélica, caracterizada pola mentira e a ambición.



            En fin, velaquí unha gran autora, desaparecida hai douscentos anos, que aínda é capaz de seducir ós lectores na actualidade. Na nosa biblioteca, pódense atopar versións dalgunha das súas obras, ademais da súa versión cinematográfica. Na rede é doado atopar unha versión dixitalizada dos textos.


                                                

Os correspondentes carteis da biblioteca son os seguintes:


28 novembro 2018

REVISTAS LITERARIAS DE LITERATURA XUVENIL

REVISTAS LITERARIAS, PERIÓDICOS, ESPAZOS ONDE ESCRIBIR...

TODO PARA XOVES COMA TI, INTERESADOS NA LITERATURA E NA TÚA FORMACIÓN GLOBAL!

Revista literaria online difundida pola fundación Jordi Sierra i Fabra, de periodicidad trimestral, e coa intención de dar cabida a xoves que deseen ser escritores e queiran enviar relatos e poemas para que se publiquen nela.

En cada número, dous autores de ambos lados do Atlántico contarán como traballan, como crean as súas historias. E tamén en cada número aparecerá un debutante-estrela que creará a páxina da portada e contará como vive o seu oficio. 




Revista online argentina que aborda mensualmente contenidos de literatura juvenil a través de reseñas, entrevistas, reportajes, curiosidades, etc.


Periódico que recolle novas de interese para todos os xoves. Asociación de Prensa Juvenil.




Web do Ministerio de Cultura que contén un apartado para estudantes, con recursos, novas, xogos, etc. relacionados coa lectura.




BLOC. Revista internacional de arte e literatura: https://issuu.com/revistabloc

Arte e literatura infantil. Bloc, tristemente desaparecida hace un año aproximadamente, ten colgados os seus números publicados (do 0 ao 6) no portal ISSUU para poder lelos online e descargar en pdf de maneira gratuita.




Fundación Cuatrogatos é unha organización sen fins de lucro para traballar a favor da cultura e a educación, con énfasis nos nenos e nos xoves. Promove a publicación, o coñecemento e a lectura de libros de calidade publicados en español. Traballa para acercar á comunidade hispanofalante de Miami e doutras cidades de EEUU.



Cuaderno de notas e comentarios de literatura infantil e xuvenil.



Revista de literatura infantil e xuvenil editada en Cantabria que aspira a ofrecer a mellor información posible en torno ao libro para nenos e xóvenes, e a animación á lectura a todos os interesados. A revista custa 8 euros, é trimestral e hai números antigos en cervantesvirtual.com.



Edítanse dous número ao ano.

CONVOCATORIA ALUMNADO COLABORADOR DA BIBLIOTECA


Quizais algo tarde, pero hoxe facemos oficial a lista de ALUMNADO COLABORADOR DA BIBLIOTECA.

27 novembro 2018

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 NOVEMBRO). 9ª PARTE.


Desde o DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN tamén se quere facer unha aportación ao día contra a violencia de xénero, a través de dúas conferencias sobre o tema para o alumnado de 1º da ESO.

Estas conferencias están organizadas pola Deputación de Pontevedra e as relatoras son todas elas psicólogas.

As datas de celebración son martes 27 de novembro, para 1º B e C, e  mércores 28, para 1º A. 

Nas fotos non se aprecia, pero a participación do alumnado foi excelente, colaborando con preguntas e respostas sobre a violencia moi interesantes, das que alumnado e profesorado aprendeu de seguro...

Noraboa pola iniciativa!

1º día


1º día

2º día

2º día