(ACTIVIDADE RELACIONADA COA CREACIÓN LITERARIA E COA DIFUSIÓN DA CULTURA DESDE AS BIBLIOTECAS)
Así foi a entrega de premios aos mellores microrrelatos de terror baseados en imaxes:
Se queres buscar unha obra nesta biblioteca, se prefires a lectura dixital, se aceptas unha "bibliosuxestión" lectora ou che apetece ver as fotos das actividades e concursos que se fan aquí... BUSCA NO MENÚ DA ESQUERDA. A Biblioxún pertence á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia desde o curso 2018-19. TEMA EIXO deste curso 2025-26: "MIRADAS REVELADORAS: O AUDIOVISUAL NA BIBLIOTECA"
(ACTIVIDADE RELACIONADA COA CREACIÓN LITERARIA E COA DIFUSIÓN DA CULTURA DESDE AS BIBLIOTECAS)
Así foi a entrega de premios aos mellores microrrelatos de terror baseados en imaxes:
(ACTIVIDADE RELACIONADA COA BIBLIOTECA CREATIVA E A BIBLIOTECA COMO LUGAR DE COÑECEMENTO)
Alumnado de 1º de Bacharelato organizou, coa supervisión do Departamento de Inglés, unha exposición de ZINES, que son pequenos libriños coa temática de Halloween no que poñen en práctica o seu dominio da lingua inglesa e as súas facultades artísticas, que son moitas!!
(ACTIVIDADE RELACIONADA COA DIFUSIÓN DA CULTURA E CO PENSAMENTO CRÍTICO)
O alumnado de 4º A e 4º B de ESO, xunto co equipo de biblioteca, organizou esta exposición o DÍA DAS BIBLIOTECAS: A CENSURA, A DESINFORMACIÓN E OS BIBLIOCAUSTOS para poñer de manifesto que non estamos tan alonxados da manipulación do ensino, da manipulación da cultura, da censura e da desinformación, e deben ser as bibliotecas as posuidoras da chave para impedir na medida do posible estes males que abundan na sociedade de hoxe en día.
A exposición gozou de grande éxito entre profesorado e alumnado, polo seu interese xeral.
(ACTIVIDADE RELACIONADA COA PROMOCIÓN DA LECTURA E A BIBLIOTECA COMO LUGAR DE COÑECEMENTO)
A biblioteca pon a disposición da comunidade educativa lecturas acordes coa festividade de Defuntos, neste caso con dous obxectivos:
1) levar lecturas coa temática do medo, do terror, de mortes, de lendas de Galicia, etc. para as vacacións (BIBLIOSUXESTIÓNS LECTORAS);
2) ou ofrecer modelos de composición narrativa para o concurso de MICRORRELATOS DE TERROR que se organizou este ano.
Xa sabedes que en KOHA temos a LISTA correspondente a esta temática, para cando gustedes...
(ACTIVIDADE RELACIONADA CO FOMENTO DA CREACIÓN LITERARIA)
Este ano temos CONCURSO DE MICRORRELATOS basados en IMAXES!!
Lede ben as bases e participade!!
O premio son entradas de cine para ir ver durante a ponte de Todos os Santos!!