15 outubro 2025

DÍA DE DEFUNTOS, DÍA DE TODOS OS SANTOS, SAMAÍN, HALLOWEEN...

(ACTIVIDADE RELACIONADA COA PROMOCIÓN DA LECTURA E A BIBLIOTECA COMO LUGAR DE COÑECEMENTO)

A biblioteca pon a disposición da comunidade educativa lecturas acordes coa festividade de Defuntos, neste caso con dous obxectivos:

1) levar lecturas coa temática do medo, do terror, de mortes, de lendas de Galicia, etc. para as vacacións (BIBLIOSUXESTIÓNS LECTORAS)

2) ou ofrecer modelos de composición narrativa para o concurso de MICRORRELATOS DE TERROR que se organizou este ano. 

Xa sabedes que en KOHA temos a LISTA correspondente a esta temática, para cando gustedes...