27 outubro 2025

BIBLIOTECA CREATIVA: HALLOWEEN ZINES!

(ACTIVIDADE RELACIONADA COA BIBLIOTECA CREATIVA E A BIBLIOTECA COMO LUGAR DE COÑECEMENTO)

Alumnado de 1º de Bacharelato organizou, coa supervisión do Departamento de Inglés, unha exposición de ZINES, que son pequenos libriños coa temática de Halloween no que poñen en práctica o seu dominio da lingua inglesa e as súas facultades artísticas, que son moitas!!