Premios de Comunicación Turística "Terras de Pontevedra"

O consorcio Terras de Pontevedra convocou:

"Os Premios de Comunicación turística “Terras de Pontevedra” teñen como finalidade dar a coñecer o patrimonio turístico das Terras de Pontevedra (concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Marín, Poio, Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa) a través das ferramentas de comunicación máis novidosas e innovadoras.

Existen dúas categorías de participación:

    Microvídeo para Facebook: cunha duración máxima de 40 segundos.
    Post para Facebook: podendo incluír no mesmo, textos, imaxes, debuxos, composicións etc.

Os traballos presentados aos premios deberán ter como finalidade dar a coñecer o patrimonio turístico das Terras de Pontevedra, en concreto o referente ao patrimonio turístico material ou inmaterial do ámbito da arte rupestre, as praias, a cultura, a artesanía, os recursos naturais, a arte, a gastronomía, etc.

A participación nos premios pode facerse a través dun centro de ensino de Galicia ou de xeito personal no caso dos maiores de idade."

Foron varios os traballos que presentamos e o de Isaac Gulias obtivo o máximo galardón dentro da categoría de post para Facebook. Noraboa Isaac.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DE LAS ESCRITORAS

Na semana do 25 de Novembro día internacional contra a violencia de xénero. O mito de Apolo e Dafne é a primeira exposición coa que estrenamos o Parnasillo