23 maio 2025

ENQUISA DA BIBLIOTECA CURSO 2024-25

 

AVALIACIÓN DO FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA. CURSO 2024-25.

TEMA EIXO DO ANO: 

"UN MUNDO DE ÁRBORES"


O carballo de Santa Margarita (Pontevedra): entre 500 e 800 anos!

ENQUISA PARA ALUMNADO: https://forms.gle/S8qjg4Pv3yzZ3vcv6

ENQUISA PARA PROFESORADO: https://forms.gle/Lc187hiwH5rkrBfy9

16 maio 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS





As actividades durante a semana das LETRAS GALEGAS foron as seguintes:

  • Bibliosuxestión lectora no estante central e nas "mesiñas" da Biblioxún.
  • Conferencia a cargo da profesora Noelia, de Lingua Galega, no Salón de Usos Múltiples, acerca da POESÍA POPULAR GALEGA e o papel das CANTAREIRAS na difusión da mesma.
  • Exposición de instrumentos musicais galegos e vestimenta tradicional.
  • Actuacións musicais de profesorado e alumnado, coa especial colaboración do grupo que este ano constituíu os "seráns da xunqueira", que servíu para pór de manifesto a importancia da literatura e a música popular como actividade de unión, colaboración e intercambio de experiencias positivas entre persoas, nestes tempos de enfrentamentos sociais.
  • Marcapáxinas elaborados para a ocasión polo equipo da Biblioteca para levar como recordo a todo o alumnado e o profesorado que vivíu con nós esta especial celebración das nosas letras.