As actividades durante a semana das LETRAS GALEGAS foron as seguintes:
- Bibliosuxestión lectora no estante central e nas "mesiñas" da Biblioxún.
- Proxección na biblioteca dos vídeos recollidos na páxina da Real Academia Galega "SE CANTO É PORQUE QUERO": https://academia.gal/letras-galegas/2025/cantareiras .
- Conferencia a cargo da profesora Noelia, de Lingua Galega, no Salón de Usos Múltiples, acerca da POESÍA POPULAR GALEGA e o papel das CANTAREIRAS na difusión da mesma.
- Exposición de instrumentos musicais galegos e vestimenta tradicional.
- Actuacións musicais de profesorado e alumnado, coa especial colaboración do grupo que este ano constituíu os "seráns da xunqueira", que servíu para pór de manifesto a importancia da literatura e a música popular como actividade de unión, colaboración e intercambio de experiencias positivas entre persoas, nestes tempos de enfrentamentos sociais.
- Marcapáxinas elaborados para a ocasión polo equipo da Biblioteca para levar como recordo a todo o alumnado e o profesorado que vivíu con nós esta especial celebración das nosas letras.