17 marzo 2019

EXPOSICIÓN NO PARNASILLO

É esta unha exposición gráfica de ilustracións de diversos artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade, e vén acompañada dun obrador práctico explicativo da mostra no mesmo lugar da exposición, que en este caso é o Parnasillo

Forma parte do Plan Proxecta do noso centro e a coordinadora deste proxecto é a profesora Lidia, de Xeografía e Historia.

Con esta exposición, a Secretaría Xeral de Igualdade pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relación de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas. 

A orixe da mostra partíu da proposta da súa commisaria, Gemma Sera, a varios debuxantes galegos e nacionais  para plasmar nunha imaxe situacións ou momentos que considerasen como violentos entre adolescentes, co obxectivo de pór de manifesto a necesidade de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella. 

Podedes visitar esta exposición no Parnasillo durante bastante tempo, aproveitade!!