TEMA EIXO DO CURSO 2018/19: AS VIAXES.

A VIAXE DE HOLDEN CAULFIELD

Seguindo co tema eixo da biblioteca deste ano, AS VIAXES, aquí vos deixamos o último traballo dos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato que este ano cursaron a asignatura de LITERATURA UNIVERSAL

O traballo consistíu na elaboración dunha serie de PÓSTERS, que fixeron de modo dixital, a partir da lectura da obra de El guardián entre el centeno, de J. D. Salinger, do que ademais se cumpriron 100 anos do seu nacemento. 

Empregaron enlaces como o de https://www.canva.com para crear un póster ou o de http://www.codigos-qr.com  para crear códigos qr. 

Buscaron os seus propios enlaces a vídeos en https://www.youtube.com; fixeron listas de reproducción en https://www.spotify.com/es/ e buscaron fotos, blogs ou páxinas interesantes en https://www.google.com

O resultado tédelo no corredor que vai cara as aulas de Lingua Castelá e Literatura (C-1, -2, -3).

Podedes viaxar con Holden Caulfield por Nova Iorque, escoitar a música que aparece na novela ou acceder ás obras de literatura que máis lle gustan ao protagonista. Xenial!








1 comentario: