Durante todo este mes, varios grupos de alumnos e alumnas van visitar a nova exposición temporal do Sexto edificio do Museo de Pontevedra:
"GALAICOS, UN PUEBLO ENTRE DOS MUNDOS (4/10/2019-2/02/2020)"
O noroeste da península ibérica (...) convértese en territorio de confluenza cultural a partir de finais da Idade de Bronce. Aos circuitos atlánticos de intercambio do segundo milenio a. n. e., nos que os metais son os protagonistas, súmase a progresiva influenza mediterránea a partir da exemonía de Cartago e de Cádiz, que se afianzará baixo o poder de Roma e o primeiro cristianismo.
O territorio dos pobos galaicos, lonxe dun "finisterrae", é un punto de conexión, articulación e encontro entre dous mundos: o atlántico e o mediterráneo. Isto é o que pretende mostrar esta exposición; para iso sírvese dun selecto elenco de obxectos arqueolóxicos procedentes de diferentes museos de Galicia e Asturias, ilustracións de grande calidade e impactantes fotografías.
Moitas destas fotografías amósannos claros exemplos de APROPIACIÓN E VINCULACIÓN COA PAISAXE por parte destes pobos. As diferentes construccións que observamos foron concebidas para ser vistas na paisaxe e para facérense, deste modo, eternas. Por este motivo, tamén incluimos esta visita como parte do desenvolvemento do tema eixo da biblioteca este ano (a natureza).
O Departamento de Historia foi o encargado de organizar esta visita.