11 outubro 2019

BIBLIOSUXESTIÓN Nº 1


Este é o noso primeiro número de BIBLIOSUXESTIÓNS

Pretendemos, desde a biblioteca que o alumnado vaia coleccionando, nestas follas din-a4 polas dúas caras, o título das obras recomendadas nas diferentes exposicións que se levan a cabo na biblioteca por diversas razóns.

Neste primeiro número, recollemos un primeiro grupo de obras relacionadas coa natureza, que é o tema eixo deste ano. 

Quería facer unha precisión: Non recollemos na ficha o argumento de cada unha das obras, porque preferimos que estes estén feitos en FICHAS ao lado da obra na propia exposición da biblioteca. Deste xeito, a información está sempre a man e, o que é máis importante, ese traballo pretende que sexa feito polos voluntarios/as da biblioteca. 

Nada máis! Desfrutade de cada unha delas!!