22 marzo 2021

O RUMOROSO: A ÁRBORE QUE NACE O DÍA DA POESÍA

A partir do día 22 ata o día de vacacións foi a semana da Poesía no noso centro e, como non podía ser doutra forma, estivemos a ler poemas na nosa @biblioxun...

... esta vez arredor dunha árbore especial que naceu o DÍA MUNDIAL DA POESÍA, o 21 de marzo, e á que lle puxemos por nome O RUMOROSO!!!

Nas fotos seguintes veredes a cantidade de lecturas que se xeraron esta semana, a presenza dos creadores da árbore, cuxo nome está colgado nunha das súas polas, e mesmo a colaboración especial dun grupo de antigos alumnos e alumnas que decidiron vir visitarnos eses días..

Por suposto, a actividade vinculouse á correspondente BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA, que xa sabedes que este ano non ten versión en papel...

A pizarra magnética na porta da nosa biblioteca!


O cartel de "O Rumoroso" elaborado por Ainoa,
unha alumna de 1º de Bacharelato de Artes

Estes son o creador e creadora da nosa árbore "O rumoroso",
feita de cartón, papel de periódico, ramas de árboles... PRECIOSO!

BIBLIOSUXESTIÓN!
Unha selección de poesía actual a carón do Rumoroso!

Ao fondo, Blanca, a profesora de Debuxo
que foi a promotora desta bonita actividade de poesía!
Grazas, Blanca! 







Alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato
que viñeron ler poemas xunto ao Rumoroso...

As seguintes lecturas foron feitas polos anteriores alumnos e alumnas:
As seguintes lecturas son de Abril, Aarón e Maite, antigos alumnos do centro!