31 xaneiro 2022

Día Internacional de Conmemoración das Vítimas do Holocausto (27 de xaneiro) + Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de xaneiro)

Normalmente, adoitamos facer as dúas conmemoracións xuntas, porque, en definitiva, buscamos os mesmos obxectivos con ambolosdous días: respectar os dereitos humanos, buscar a paz e a concordia entre as persoas, manter a tolerancia como medio de entendemento universal independientemente da orixe, da cor da pel, da identidade sexual, da opción relixiosa ou política...

Neste caso, un grupo de rapaces e rapazas da ESO que pertencen á SECCIÓN BILINGÜE DE INGLÉS, guiados polo profesor ARTURO, elaboraron unhas presentacións en lingua inglesa sobre diversos persoeiros que dalgún xeito tiveron que ver coa busca e mantemento dos dereitos humanos. 

Primeiro fixeron as buscas en internet e elaboraron as presentacións nos ordenadores da biblio, e logo acudiron co traballo feito o día sinalado para expoñelo diante dun atento público. 

Por suposto, fixemos una selección de obras para que levarades en préstamo. Esta foi a nosa  BIBLIOSUXESTIÓN lectora. 





























BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA