11 febreiro 2022

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia (11 de febreiro)

Hoxe fixemos varias actividades relacionadas coa conmemoración deste importantísimo día, coma todos os que teñen que ver coas mulleres: 

  • BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA no expositor central da biblioteca:












  • Un grupo de alumnos de ESO e Bacharelato, dirigidos poca profesora MARÍA, de Matemáticas, fixo unha exposición dos datos máis significativos dunha serie de mulleres científicas de todos os tempos, e contaron as súas dificultades á hora de facerse valer nun mundo dominado polos homes. Pero agora, fixádevos, estamos a falar delas na nosa biblioteca!!! Debemos estar orgullosos e orgullosas! Por certo, tedes algúns minutiños das gravacións en Instagram. 



















  • A profesora SONIA, de Tecnoloxía, aproveitou unha exposición de MULLERES INFORMÁTICAS  para falarlles delas ao seu alumnado de Bacharelato e, de paso, mandarlles elaborar "reels" para o Instagram. Lembrádevos de ir ao Instagram, porque aí esta todo o que vos decimos.