01 novembro 2023

MES DA CIENCIA EN GALEGO!

O MES DE NOVEMBRO xa sabedes que acolle o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS!!


  • Coma todos os anos o noso expositor central énchese de BIBLIOSUXESTIÓNS LECTORAS cada vez máis interesantes! Fixádevos! Na parte de adiante están as obras en galego e na parte de atrás as obras en castelán! 

  • Por suposto, xa sabedes que no noso Instagram recollemos as obras das mesas de estudo a través do cancelo MESIÑASCUQUIS!! Entrade no Insta!

 

















  • Este ano a profesora Clara, de Ciencias Naturais, membro do equipo da biblioteca, encheu o panel do Parnasillo con LIÑAS DO TEMPO feitas polo seu alumnado. Están moi ben feitas!! Fixádevos tamén!!






  • A profesora Pachi, do Departamento de Física e Química tamén participou neste proxecto co seu alumnado de Diversificación a través dunha magnífica mostra de MULLERES CIENTÍFICAS, tamén a partir dunha liña temporal que chegaba ata a actualidade e que remataba cunha suxestiva pregunta: QUERES SER A SEGUINTE?