Hoxe a lectura estivo a cargo de dúas nais e un pai que se animaron a vir ao noso atril e dar conta de tres obras que temos na biblioteca:
-Se iso é un home, de Primo Levi,
-He vivido tan poco, o diario de Eva Heyman
-e Novela de Xadrez, de Stefan Zweig.
Como podedes comprobar, a temática é AS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO NAZI.
A responsable da biblioteca (eu, Julia) facendo a presentación da actividade e lembrando algúns dos artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. |
As familias e o alumnado na biblioteca. |
Moi atentos esperando para facer a lectura... |
Monte Iglesias le un fragmento de Se isto é un home, de Primo Levi. |
Mª Ángeles Rodríguez le un fragmento de He vivido tan poco, o diario de Eva Heyman. |
Jesús Antonio Gutiérrez le un fragmento de Novela de xadrez, de Stefan Zweig. |
Entrega duns pequenos agasallos pola importante labor que estas nais e este pai fixeron hoxe para a biblioteca, para o alumnado, para vós... |