11 febreiro 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA


  • Hoxe, día 11 de febreiro (DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA), e mañán, día 12, vén un grupo de alumnos e alumnas de 2º da ESO e de 1º de Bacharelato a ler algunhas liñas sobre a BIOGRAFÍA DE VARIAS CIENTÍFICAS que merecen lembrarse neste día e, sobre todo, deben servir como modelo para as xeracións futuras.




















  • A finalidade deste día, que establece a ONU no 2015 (Resolución A/RES/70/212), é lograr o acceso e a participación das mulleres e das nenas na ciencia, sempre dentro da búsqueda da igualdade de xénero e, por suposto, dentro dos OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE (ODS), chamamento universal á acción para mellorar as vidas e as perspectivas das persoas de todo o mundo.



  • Tanto na Axencia SINC (Servicio de Información e Noticas Científicas), que é a primeira axencia pública de ámbito estatal especializada en información sobre ciencia, tecnoloxía e innovación en español, coma en GCIENCIA, que é similar pero no ámbito galego e en lingua galega, tedes información sobre a situación de varias mulleres científicas, as súas carreiras, obxectivos e dificultades vitais. Por exemplo, a científica e divulgadora do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña Joana Magalhes, fala da súa propia experiencia. 




PREME NA FOTO E ACCEDE Á AXENCIA SINC



PREME NA FOTO E ACCEDE A GCIENCIA
Por certo, os enlaces a estas páxinas están na columna esquerda do blog!!

Máis fotos! O segundo día!!!