19 novembro 2020

#BibliotecasSTOPViolencia. 25 N. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER E NOVO CONCURSO!!!!

Dando un paseíño estes días de confinamento perimetral e hostalaría pechada...

...atopei o Concello de Pontevedra de COR MORADA!!! 


E por que? -vos preguntaredes. Pois porque a semana que vén celebramos, coma todos os anos o 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. 

"Xa abonda de minutos de silencio",  lese no cartel da fachada...

Márcase este día no calendario para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres de todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. 

Oxalá non tiveramos que celebrar este día nunca, pero debemos facelo, e, por suposto, nunca calando, senón alzando a voz por todas as mulleres que están a sufrir no círculo pechado do seu fogar, que xa non é máis que un entorno de medo, opresión, afogamento, anguria. Tamén debemos pensar nas rapazas que, froito da ausencia de educación afectivo-sexual, aguanta chantaxes, insultos, ciumes ou malos modos da súa parella, nunha relación tóxica que nin sequera ela é capaz de identificar, nin sequera logra verse a si mesma como muller maltratada. Aí a educación volve ser a solución a todos os males, e debe abarcar moito máis dun día ao ano. 


A cultura, a información, as obras que versan sobre este tema, son a nosa responsabilidade como BIBLIOTECA, polo tanto aí vai a nosa BIBLIOSUXESTIÓN:
















Evitemos o que o cantante de rap madrileño, Chojin, recolle na letra desta canción, nada alonxada da cruda realidade de moitas mulleres, por desgraza:

(El final del cuento de hadas, de Chojin)


Berremos, se é preciso, por que os nosos compañeiros homes demostren por nós...

RESPECTO!!

(Respect, de Aretha Franklin)


  • A Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, no seu artigo 1.1, define a violencia de xénero como aquela que, como manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres, se exerce sobre estas por parte de quen sexa ou fora cónxuxe ou de quen estea ou estivera ligado a elas por relacións similares de afectividade, con ou sen convivencia, e comprende todo acto de violencia física e psicolóxica, incluidas as agresión á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria da liberdade. 

(Think, de Aretha Franklin)




  • En Pontevedra tamén se loita pola igualdade e polo respecto á muller: mira os carteis das árbores e preme nesta ligazón. Entérate das iniciativas da túa cidade!











  • Podes ti facer algo por elas? Podes facer algo por ti? Merece a pena...

(Merece la pena, de La sonrisa de Julia). 

  • CONCURSO!!!! O noso pequeno gran de area, desde o IES A Xunqueira I, será recoller nos comentarios a esta entrada de blog un bo número de MICRORRELATOS PARA O DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
    • Escribe un microrrelato que teña que ver coa temática da VIOLENCIA DE XÉNERO, que este ano imos centrar nas RELACIÓNS TÓXICAS ENTRE ADOLESCENTES. 
      • Este vídeo pode inspirarte na túa historia: 


      • Este artigo periodístico tamén é interesante: 
https://www.elmundo.es/nosotras/2018/11/25/5bf8361222601de7608b4609.html

    • O microrrelato ten que ter como máximo 100 palabras. Prepárao no teu procesador de textos e cópiao como comentario a esta entrada. Non olvides incluir o teu nome completo, o curso e o grupo
    • Moitos deles poderán ser lidos o mércores 25 de novembro durante o recreo, na biblioteca.
    • Os tres mellor escritos levarán un regalo sorpresa!
    • Participa na conmemoración deste día e amosa as túas cualidades como escritor ou escritora!!!