Hoxe o noso centro participou no acto oficial de conmemoración do
DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
(20 de novembro)
Enlace do evento na páxina da Xunta: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/53234/fabiola-garcia-atiende-las-inquietudes-ninos-toda-galicia-traves-una-videoconferencia
Organizouse un acto oficial do que formaron parte representantes de sete centros educativos do ámbito rural e urbano de Galicia.
Nós participamos como centro A Xunqueira I de Pontevedra, xunto coa Fundación Secretariado Xitano.
O esquema do acto foi o seguinte:
- Primeiro, as palabras do Presidente da Plataforma de Infancia de Galicia (en liña).
- Logo, un vídeo da Plataforma da Infancia de Galicia.
- A continuación, as palabras da Conselleira de Política Social (en liña).
- Vídeos dos grupos de rapaces e rapazas traballando nas actividades relativas ao tema da infancia e/ou adolescencia.
- Finalmente, as exposicións, seguidas de preguntas á conselleira sobre este mesmo tema por cada centro educativo. Hoxe tratáronse temas tan cruciais coma o acoso escolar, as desigualdades ou a inclusión.
Aquí tedes algunhas fotos deste evento. No noso caso, transmitíamos desde a nosa biblioteca...
Os nosos "mestres de cerimonia" facendo as presentacións correspondientes... |
Todos os grupos participantes xuntos na vídeo-conferencia |
Na pantalla vense os nosos rapaces da Xunqueira I facendo os comentarios e as preguntas... |
Sempre baixo a supervisión dos nosos "mestres de cerimonia"... |
Desde os corredores do centro podíanse escoitar as palabras da conselleira e dos rapaces participantes... |
Un día diferente...