08 marzo 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 DE MARZO)

  •  IN SPAIN WE CALL IT "IGUALDAD": 

O Ministerio de Igualdade presenta a campaña para o 8M, Día Internacional das Mulleres.

O lema escollido este ano é "In Spain we call it igualdad", inspirado nunha das cancións de Rigoberta Bandini, co que se quere apelar ao feminismo como algo que fai a vida mellor para a maioría da poboación.


A dirección ao Ministerio de Igualdade, por se queredes ampliar a información, é o seguinte: https://www.lamoncloa.gob.es/serviciosdeprensa/notasprensa/igualdad/Paginas/2022/040322-8m-in-spain-we-call-it-igualdad.aspx 



  • Durante toda esta semana haberá distintas ACTIVIDADES organizadas por membros do equipo de  biblioteca das que daremos boa conta nesta entrada do blog:

    • "MULLER E DEPORTE": Mercedes Barrientos, profesora de Educación Física e membro da Asociación de Mulleres Deportistas de Galicia (MUDEGA), falounos das mulleres deportistas ao longo da historia, das súas dificultades para competir, para formar parte de cargos directivos, da súa imaxe na prensa, da roupa que deben levar en según que deportes e según que países... Unha charla mol interesante á que asistíu alumnaado de 4º da ESO. 








    • "A BIBLIOXÚN TEN A PALABRA": Lectura de fragmentos de obras de mulleres ou sobre mulleres, neste caso de The Twilight (Stephanie Meyer), Harry Potter (J. K. Rowling) e Matilda (Roald Dahl). A actividade foi organizada polo Departamento de Inglés, da man da profesora Bea!









Traballos cos que se completou a lectura anterior:
mulleres que deixaron a súa pegada na cultura británica


  • EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA "MULLER E DEPORTE" no Parnasillo. Fotografías cedidas pola Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA).








  • BIBLIOSUXESTIÓN LECTORA: 
Podes acceder á lista de obras expostas na LISTA do CATÁLOGO DA BIBLIOTECA, "Bibliosuxestión: Día Internacional da Muller":