Como se intercalou o tema eixo deste ano na biblioteca, PUBLICIDADE E COMUNICACIÓN, na materia de Francés?
A profesora Carlota contouno desta maneira:
1º ESO:
A partir destas publicidades, o alumnado creou novos obxectos de clase cunhas funcións diferentes.
"Mixité des métiers","Mix´sPics":
Aproveitouse a publicidade de televisión para falar das profesións e da paridade no traballo.
"Comme une fille":
No Día da muller e a partir do seguinte vídeo (https://youtu.be/Fu_FyaIGhyQ) fixeron unha comparativa sobre que é ser como un rapaz e que é ser como unha rapaza.
"Piso alquilado no centro de París":
A partir da seguinte ligazón (ikea.fr) o alumnado buscou, cun presuposto, amoblar o piso alquilado no centro de París (aloueravendre.fr).
"A moda, a roupa":
O alumnado escolleu a páxina que prefería (sempre acabada en .fr) e por parellas falaron dunha tendencia de moda deste verán.
"O concepto de venda":
Traballouse con dúas publicidades de máquinas de lavar e o seu concepto de venda.