17 maio 2022

LETRAS GALEGAS 2021: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Na BIBLIOXÚN celebramos tamén o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, este ano adicado ao escritor valdeorrés FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. 

  • Visitounos o artista noiés SERAFÍN MARCOS para ofrecernos un espectáculo no que se fixo un percorrido pola vida de Florencio Delgado a través da súa poesía, levando aos espectadores desde Valdeorras ata México co humor característico das súas montaxes. A visita foi organizada para a biblioteca polo coordinador do equipo de normalización lingüística. 






  • Mercamos algunha das súas OBRAS de poesía, ademais dun par de biografías para que aprendas máis sobre el. 
  • O noso expositor central recolle OBRAS EN GALEGO en varios campos do saber: obras de ficción en todos os xéneros, matemáticas, ciencias naturais, anatomía, ecoloxía, historia, mitoloxía, etnografía, música, cómic, xogos...  
  • A mesiña central recolle, resumida en dez partes, a vida do autor homenaxeado, ademais dunha unidade didáctica que pode empregar o profesorado.