19 novembro 2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 DE NOVEMBRO). 2ª PARTE.

Cartel conmemorativo para o Día Internacional contra a Violencia de Xénero (2018)



Este texto pertence a unha das obras expostas na biblioteca:
El amor es chulo, de Stephanie Andugar.
Pareceume ideal para que vós lerades...


Durante toda esta semana, do 19 ao 23 de novembro celebraremos este DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.


Desde 1981, Latinoamérica conmemora cada 25 de novembro o día contra a violencia de xénero. Os movementos feministas da rexión, cunha das taxas máis altas de violencia contra a muller, acuñaron esa data en honor ás dominicanas MINERVA, PATRIA e MARÍA TERESA MIRABAL, tres irmás asesinadas o 25 de novembro de 1960 por orde do dictador Rafael Leónidas Trujillo, do que eran opositoras. Os seus corpos foron atopados, esnaquizados, no interior dun jeep afundido nun barranco, o cal pretendía esconder o anterior asasinato a golpes por parte dun escuadrón enviado polo dictador. Por tales motivos, estas tres irmás ("las mariposas") foron convertidas en símbolo da loita contra a violencia de xénero. 

Anos máis tarde, en 1999, a ONU sumouse á xornada reivindicativa e declarou o 25 de novembro Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, en honor ás irmás Mirabal. 

Lembrade que tedes moita información sobre este día na entrada de este blog do 7 de novembro: https://biblioxun.blogspot.com/2018/11/dia-internacional-contra-violencia-de.html#comment-form

...................................

A violencia (sexual, económica, psicolóxica...), o acoso, a trata, a mutilación xenital das mulleres por todo o mundo, etc. é razón suficiente para que desde a nosa biblioteca demos cabida a esta loita  conxunta contra a violencia de xénero. Cómo?

-visibilizando casos de violencia á muller,
-buscando as mellores relacións de parexa,
-evitando o amor que doe,
-aprendendo, 
-educando en valores,
-concienciando a homes e mulleres do labor común este ámbito.

..........................................



E todos estes obxectivos podémolos acadar coa LECTURA e as ACTIVIDADES da BIBLIOTECA:

Este é o noso cartel anunciador:




Como vedes, o mércores teremos unha "PELEXA DE GALOS", ou mellor "INTERCAMBIO DIALÉCTICO" entre alumnos de 1º de Bacharelato contra a violencia de xénero. O xoves haberá LECTURA NA BIBLIOTECA dun conto, "Burocracia", de Arantza Portabales Santomé, da súa obra A Celeste la compré en un rastrillo, que os mesmos rapaces traducirán ao galego (A Celeste a comprei nun mercado). O venres entregarase o premio ao MICRORRELATO gañador do concurso, previa lectura de distintos contos. 

E moitas cousiñas máis que seguro que os profes nos teñen preparados... Fixádevos nas entradas do blog que teñen que ver co día do 25 de novembro.

Por suposto, non pode faltar a nosa exposición de obras relacionadas co tema e mais o novo ITINERARIO LECTOR desde mes:



Mirade as NOVIDADES arredor do tema que hai expostas na biblioteca esta semana!

Fixádevos que temos poesía, cómic, conto, unha unidade didáctica para aplicar na clase...

Moitas destas obras non só amosan casos reais en primeira persoa, palabras duras e feitos que nos deixan conxelados, senón que tamén animan a desfrutar coa relación de parella, buscando que esta non sexa unha experiencia dolorosa, senón pracenteira de verdade, como debe ser....










Unidade didáctica da profesora Sonia Soto, de Filosofía



O itinerario lector tamén inclúe outras obras que non son novidades na nosa biblio, pero onde tamén hai algunha escena, algún personaxe que poida ter que ver coa violencia de xénero, por exemplo:

-A pouca valía da muller no seo do matrimonio decimonónico, en Casa de muñecas, de Ibsen.
-Os celos e o asasinato da muller en Otelo, de Shakespeare. 
-O cantar da "Afrenta de Corpes" (maltrato a las hijas del Cid por parte de los infantes de Carrión), no Poema de Mío Cid.
-A dura violencia cara a protagonista da triloxía Milenium (L. Salander), de Stieg Larson, 

Etc.

................................................

A PORTA DA BIBLIOTECA tamén está esta semana adornada con debuxos e textos de alumnos e alumnas de 1º E de Bacharelato. Unha das actividades que tiñan que facer para a materia de LITERATURA UNIVERSAL, que imparte a profesora Julia, era inventar un HEROE ou unha HEROÍNA (coa súa historia, as súas fortalezas, os seus puntos febles, etc.), e... mira que sorpresa que algunas delas tiñan que ver con este día que celebramos hoxe!! 

Sen máis dilación, decidín que podían adornar a nosa porta da biblioteca, para que vós tamén disfrutárades coas creacións:

"...UNA PUERTA VIOLETA EN LA PAREEEEED,
Y AL ENTRAR ME LIBERÉÉÉÉ,
COMO SE DESPLIEGAN LAS VELAS DE UN BARCOOOOO..."




Ilustración de Sara Iglesias, de 1º E de Bacharelato.


Ilustración de Evelyn Lores, de 1º E de Bacharelato.
Ilustración de Alba Pereira, de 1º E de Bacharelato.
Ilustración de Valeria Vázquez, de 1º E de Bacharelato.




Ilustración de Lara Durán, de 1º C de Bacharelato.
......................................................................

"PELEXA DE GALOS" FOI TODO UN ÉXITO!!

Celebrouse o mércores 21 de novembro e organizouna a profesora Carla, de Lingua Castelá e Literatura:



Baixo un fondo de MÚSICA RAP, o mecanismo do ENFRONTAMENTO DIALÉCTICO ENTRE GALOS organizouse en torno a varias expresións relacionadas co tema xeral da VIOLENCIA DE XÉNERO, que para tal ocasión presentou Pablo Cuesta:

medo
silencio
culpa
agresión sexual
maltrato psicolóxico
amor
control
violencia machista
igualdade
denuncia
vítima
tortura
apuñalar
asasinar aos fillos
malos tratos
respecto
016

Dos tres galos participantes, o favor do público, volcado no espectáculo, e o xurado, deu en eliminar a un deles, Óscar Vidal, e deixar aos outros dous, Sergio Rivas e Anxo Gómez, que foron os que desenvolveron un novo enfrontamento dialéctico, esta vez en torno a tres temas:

-Fillos de mulleres maltratadas.
-Relacións entre adolescentes.
-Outro nome máis nas esquelas.

De novo foi o ánimo do público e, por suposto, o bo facer do xurado o que deu por gañador a Anxo Gómez.

Sen dúbida, hai que facer outra pelexa de galos. 
Ogallá tódalas pelexas foran así de instructivas!!

Anxo Gómez e Sergio Rivas (1º C-Bach.)

Pablo Cuesta (speaker), Guillermo Méndez e
Tania Fernández (xurado), Sergio Rivas, Óscar Vidal
e Anxo Gómez (galos)




Grande poder de convocatoria!

A biblioteca chea!


..........................................................................