07 novembro 2018

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: FONTES DE INFORMACIÓN E CONCURSO NA BIBLIOTECA. 1ª PARTE.


Cartel conmemorativo do día
do Concello de Pontevedra

Ilustración fermosísima
de Leandro Lamas




PRIMEIRO TEMOS QUE PROFUNDIZAR NO TEMA...

FONTES DE INFORMACIÓN XERAL SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO:

XUNTA DE GALICIA, ÁREA DE VIOLENCIA DE XÉNERO.http://igualdade.xunta.gal/es/area-de-violencia-de-xenero
-Fíxate no apartado "¿Qué é a violencia de xénero?"



NOTICIAS EN RADIO TELEVISIÓN ESPAÑOLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO:
-Podes profundizar no tema dos fillos de víctimas de violencia machista ou lembrar, a través das noticias, os últimos casos de mulleres asasinadas este ano.



NOTICIAS NA CADENA SER SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO:
-Podes ler a noticia sobre a representación, en Parla (Madrid) dunha obra teatral da compañía "Teatro que cura" que provocou que rapaces de 4º da ESO recoñeceran que tamén eles viviron situacións de violencia de xénero. 



NOTICIAS EN EL PAÍS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO:
-En "Conductas que albergan violencia" podes facer un test sobre como responderías a condutas cotidianas de violencia machista.
-Podes tamén ler sobre mulleres que tiveron superado as consecuencias da violencia de xénero: un proceso xudicial, represalias violentas, problemas económicos, a perda dos fillos, o rexeitamento social...
- Podes escoitar as voces dos abusos sexuais
-En "Hitos de 20 años de lucha en España" fálase do cruel asasinato de Ana Orantes en 1997, que puxo a violencia de xénero no primeiro plano do debate social en España, onde ata entón se abordara o problema como "malos tratos no ámbito doméstico".





AGORA TÓCACHE ESCRIBIR A TI...

CONCURSO LITERARIO DE MICRORRELATOS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO:

"Es vuestro cuento de principio a fin;
escribidlo como os dé la gana.
Y recordad: el amor no duele, no les creais.
Vosotras sois poesía, ellos no". 

Stéphanie Andugar, El amor es chulo, Ed. Aguilar. 

....................................................................

BASES DO CONCURSO:
  1. Pode participar todo o alumnado do IES A Xunqueira I.
  2. O microrrelato non poderá superar as 50 palabras.
  3. O microrrelato non terá título. 
  4. O microrrelato publicarase como un COMENTARIO a esta entrada do BLOG
  5. O alumnado participante deberá indicar, ao final do comentario, o seu nome completo, curso e grupo.
  6. Poderá escribirse en galego, castelán, inglés ou francés. Nos dos últimos casos, deberá incluir a tradución ao galego ou ao castelán. 
  7. O equipo da biblioteca seleccionará o mellor de entre todos os microrrelatos publicados.
  8. A persona gañadora recibirá un AGASALLO SORPRESA que será entregado o VENRES 23 de novembro na BIBLIOTECA, durante o RECREO. 
  9. O prazo para publicar as entradas no blog remata o mércores 21 de novembro


...................................................................................................................................................................