22 novembro 2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 NOVEMBRO). 4ª PARTE.

Denis Mukwege e Nadia Murad


Desde o DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍAa profesora Sonia Sotopor mor do Día internacional contra a violencia de xénero, desenvolveu unha serie de actividades na materia de Valores éticos en todos os grupos de 3º da ESO.

Durante 4 sesións do mes de novembro centráronse nese tema, co obxectivo de concienciar a mozos e mozas contra a violencia de xénero, de que foran quen de detectala dende os primeiros indicios e de identificar as súas causas.

Comezaron definindo a violencia de xénero, analizando as súas causas e diferenciando os seus tipos

Tamén, coincidindo coa concesión do Premio Nobel da Paz deste ano ao xinecólogo congoleño Denis Mukwege e á activista yazidí Nadia Murad pola súa loita contra a violencia sexual como arma de guerra e en conflitos armados, nos achegamos á vida e obra dos galardoados e fixemos unha viaxe a distintos países do mundo onde se empregou ou inda se continúa a utilizar a violencia sexual sobre mulleres e nenas nas guerras

Nese percorrido polo mapa desta violencia sexual detivémonos especialmente na guerra de Bosnia e na República Democrática do Congo

Por último, proxectamos Crímenes invisibles de Win Wenders, incluído na película documental Invisibles, onde se aborda o tema desa arma de guerra invisible que é a violencia sexual que sofren mulleres e nenas na República Democrática do Congo.

Invisibles


...............................................................................

Desde o DEPARTAMENTO DE INGLÉS e o DEPARTAMENTO DE GREGO o alumnado colaborou, xunto coas  profesoras Carmina e Loli  na elaboración de materiais para unha exposición que conmemorara este día.  Recóllese información sobre obras de literatura nas que se poden atopar escenas de violencia de xénero.





































Fixádevos! Están no corcho do PARNASILLO!

Bodas de sangre, de García Lorca

Otelo, de Shakespeare.

La violación de Lucrecia, de Shakespeare.

El rapto de Ganimedes (Dpto. grego)


"Cantar de la afrenta de Corpes", del Poema de Mío Cid.

El mito de Zeus e Dánae (Dpto. grego)

El cuento de la criada, de Margaret Atwood.

El rizo robado, de Alexander Pope. 
Tamén se recolleu información sobre NADIA MURAD, recente Premio Nobel da Paz:


......................................................................

Directamente relacionado cos traballos anteriores, e desde o DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA e o DEPARTAMENTO DE DEBUXO, as profesoras Lidia e Inés organizaron e elaboraron co seu alumnado de 2º da ESO un mapa do mundo, que agora está exposto no noso corredor.

Este traballo tamén enlaza coa temática eixo da biblioteca deste ano: as viaxes. Trátase dunha viaxe por todo o mundo tendo en conta as noticias que sobre violencia de xénero aparecen na prensa. A pregunta que lle fai a profesora aos alumnos e alumnas é a seguinte:

É PRECISO O 25 N? 

A resposta está clara...









...................................................................

Imos rematar esta entrada, tan bonita, completa e tan chea de traballo do noso alumnado, cunha especial aportación poética do noso benquerido profesor de inglés, Arturo Neira, que tivo a ben convidarnos a ler unha serie de desexos, perfectos para celebrar un día coma este...

Lede, lede!

PARTNER WANNAS
I wanna share my life
with someone who wants to share mine.
I wanna share my life
With someone who respects who I am,
I wanna share my life
With someone who shares my ambitions,
My longings and goals, my propositions.
I wanna share my life
With someone who wants to love and be loved;
Who wants to be helped and help,
To give when needed, and be given when in need.
Someone who wants my support and is able to offer theirs,
Any other thing wouldn’t be nice or fair.
Controlling what I do doesn’t mean love,
but rather lack of confidence and mistrust,
a sense of possession which I will have not.

I will keep my friends, my fashion and my personality,
If somebody cannot accept this, they didn’t fall in love with me,
they imagined me different or intended to change my reality.
And if they do not accept me the way I am,

they will try to adapt me to their likings,
as if I were their property, instead of their companion.
And when a property does not meet your interests,
you must try hard to transform it into your fashion,

by beating the real me into the me you request.
And right here, if my me hasn't already been devastated,
I’d rather escape to safer circumstances
or I’m quite likely to end up in the grave.

Arturo Neira.