Na nosa biblioteca, como todos os anos, celebramos o DÍA DAS ESCRITORAS, que xa sabedes que é unha celebración organizada pola Biblioteca Nacional de España e que este ano xira en torno ao tema "O esforzó cotiá das mulleres".
Esta quinta edición conta co comisariado da escritora Elvira Lindo, quen elixíu o tema e seleccionou as escritoras e as lecturas. Leranse fragmentos de obras das seguintes escritoras: Teresa de Jesús, Rosalía de Castro, Dulce María Loynaz, Blanca Varela, Errose Bustintza (Mañariko), Elena Fortún, Sor Juana Inés de la Cruz, Ana María Matute, Josefina Carabias, Pura Vázquez, Luisa Carnés, Gloria Fuertes, Mercè Rodoreda, Idea Vilariño, Circe Maia, Emilia Pardo Bazán, Victorina Durán, Ida Vitale, Carmen Baroja y Nessi y Concha Méndez. Mirade no seguinte enlace: https://diadelasescritoras.bne.es/autoras/
- Nós, pola nosa parte, fixemos unha selección de obras de poesía escrita por mulleres, en castelán e en galego, por se queredes levar algunha en préstamo.
- Ademais o venres 16 no recreo léronse alguns poemas de SAFO DE LESBOS, a décima musa do Parnaso, a muller que levou a POESÍA MONÓDICA DE AMOR, en grego clásico, aos máis altos cumios. As lectoras foron alumnas de Grego, de 2º de Bacharelato, que deron mostras do seu dominio da lectura en grego clásico: