O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes visitou recentemente esta exposición fotográfica no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Resultan moi interesantes actividades coma esta, pois se sitúan no contexto do noso tema eixo da biblioteca: AS VIAXES.
A viaxe a ÍTACA coma símbolo da volta ao fogar, aos lugares da infancia, ao entorno da familia, localízase esta vez no MAR, algo esperable tendo en conta a orixe da fotógrafa neste caso: BUEU. Unha exposición de fondas reminiscencias persoais.
O grupo de arte que ademais ten Literatura Universal vai ler este trimestre La Odisea, de Homero. O feito de ter visto esta exposición, vai ser una maravillosa razón para que comparen diversas manifestacións artísticas relativas a este tema da volta ao fogar. Mesmo descubrirán cal é a súa Ítaca particular.
Xa vos contaremos...