25 novembro 2019

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER 4 (ACTIVIDADES DOS DEPARTAMENTOS)

ACTIVIDADES PARA O 25 N EN DIVERSOS DEPARTAMENTOS


  • A profesora Sonia, do Departamento de Filosofía, preparou para a celebración deste día diversas actividades, que pasa a explicar a continuación: 

Na materia de Valores éticos de 4º ESO e Filosofía, no grupo de 1º Bacharelato E, centrarémonos na análise da violencia de xénero exercida sobre e a través dos fillos menores da muller, testemuñas da violencia de xénero que padece a súa nai, vítimas da violencia física ou psicolóxica dirixida a eles para ferir á muller ou directamente nenos e nenas que quedan orfos ou son asasinados. Son recoñecidos legalmente como vítimas tamén da violencia de xénero dende 2015 aínda que só desde 2018 se inclúen medidas especiais para eses menores vítimas como pensións de orfandade, apoio psicolóxico e pedagóxico ou quedar excluídos do réxime de custodia compartida.

Analizaremos algúns exemplos concretos (os nenos orfos no triple asasinato de Valga en setembro deste ano, o caso José Bretón, asasino dos seus fillos Ruth e José ou o caso do asesinato das nenas Nerea e Martina en Castellón, cuxa nai denunciou recentemente ao Estado por desprotección).

Rematamos co visionado da película francesa Custodia compartida (2017) e actividades de reflexión sobre a mesma.

..................

Na materia de Valores éticos de 3º ESO a raíz das polémicas sentencias da Manada e da manada de Manresa, sobre abuso ou agresión sexual, analizaremos a lexislación de distintos países europeos sobre violencia sexual.

Remataremos co visionado e actividades sobre o tema "Novias en venta" da cantante de rap afgana Sonita Alizadeh.




  • A profesora Rosa, de Matemáticas, preparou a seguinte actividade, que pasa a explicar a continuación:

Cos alumnos e alumnas da miña titoría, 1º ESO B, buscamos o porqué da celebración da data do 25 N e o número de mulleres mortas por violencia de xénero desde o 2006. Logo, con estes datos, e en colaboración co 1º ESO Agrupamento, fixemos un diagrama de barras. David, o conserxe, axudounos a colocar todos os elementos para o corredor do centro. O mesmo día 25 farase un mural con falsos mitos sobre a violencia de xénero. 
















  • A profesora Carlota, de Francés, preparou a seguinte actividade, que pasa a explicar a continuación: 
Esta actividade fixemola en Valores Éticos (1º ESO). Tres sesións. 

1ª) Visionamos a publicidade francesa, con elementos sexistas, "Les Pockets de Dim 2016" (https://youtu.be/HexTZbSIEII) para logo debatir por parellas e en grupo.

2ª) Unha parella francesa parodiou esta publicidade,"Vous êtes Inadmissibles! (Parodie Pub DIM / F. Beigbeder)" e o analizamos.

3ª, 4ª e 5ª) Adicáronse a buscar na rede unha publicidade sexista. Por parellas, tiveron que analizala e explicala. Finalmente, tiveron que inventar unha parodia a esa publicidade e plasmala nunha cartulina, que se exporá o 25N no Parnasillo.














  • A profesora Carmina, de Inglés, organizou xunto co seu alumnado de 2º de Bacharelato, unha exposición oral no proxector da biblioteca titulada "Exhibition violence against woman and media" , sobre o tratamento nos medios extranxeiros dos casos de violencia de xénero. 









  • A profesora Moncha, de Galego analiza tamén as noticias sobre violencia de xénro na prensa española (1º e 2º de Bacharelato). 

  • Desde o Consello de Igualdade do IES A Xunqueira I púxose unha "Pinga doce" ao día: