Este é o noso novo concurso da biblioteca!!!
PARTICIPAAA!!!
BASES DO CONCURSO!!!
1. Pode participar todo o alumnado do IES A Xunqueira I.
2. A temática terá que ver co DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, a ser posible enfocado cara a búsqueda dunha esperanza, dunha solución, dunha "porta violeta" (como di a canción) pola que entrar nun espazo de paz, acolledor e luminoso, afastado dos golpes, do berro, do maltrato, do escuro...
3. O microrrelato non poderá superar as 50 palabras.
4. O microrrelato publicarase, preferiblemente, coma un COMENTARIO nesta mesma entrada do BLOG. En caso de non saber facelo, poderase entregar o texto ao profesorado correspondente, para que logo sexa entregado aos membros do equipo da biblioteca.
Para facer o comentario no blog:
1º) Introduce o teu comentario ao final (o conto e os teus datos -non os olvides-).
2º) "Comentar como...": mellor como "Anónimo" ou coa túa conta de "gmail".
3º) Premer no botón que demostre que non es un robot.
4º) Premer "PUBLICAR" -non o olvides-.
Para facer o comentario no blog:
1º) Introduce o teu comentario ao final (o conto e os teus datos -non os olvides-).
2º) "Comentar como...": mellor como "Anónimo" ou coa túa conta de "gmail".
3º) Premer no botón que demostre que non es un robot.
4º) Premer "PUBLICAR" -non o olvides-.
5. O alumnado participante deberá indicar, ao final do texto, o seu nome completo, curso e grupo.
6. O microrrelato poderá escribirse en galego, castelán, inglés ou francés.
7. O equipo de biblioteca seleccionará o mellor de entre todos os relatos publicados, distribuidos en TRES CATEGORÍAS:
Categoría A: Alumnado de 1º e 2º de ESO.
Categoría B: Alumnado de 3º e 4º de ESO.
Categoría C: Alumnado de Bacharelato.
8. O premio poderase declarar deserto.
9. A data límite de entrega será o mércores 20 de novembro.
10. A persoa gañadora recibirá un AGASALLO SORPRESA que será entregado o LUNS 25 DE NOVEMBRO, no RECREO, na BIBLIOTECA.